Imprimir y PDF

Misión Inversa de Bélgica e Luxemburgo.

A D.O. Ribeira Sacra ofrece exclusividade nos seus viños

10/06/2009

Importadores, distribuidores e prensa especializada en viño, procedentes de Bélgica e Luxemburgo, participaron dunha misión inversa, que na tarde do martes os levou ata a sede do C.R.D.O.R.S.
Unha técnica da Denominación ofreceu unha presentación da D.O. e posteriormente os visitantes tiveron a oportunidade de probar os viños correspondentes a cinco adegas e intercambiar experiencias cos seus representantes.

Pérez Vidal, distribuidor belga aseguraba que os viños eran moi bos e estaban moi ben elaborados. Xa tivera a oportunidade de coñecer os viños de Ribeira Sacra en Alemania e amosábase sorprendido cos mencías. Tamén dixo que en Bélgica e Luxemburgo tiñan o mercado gañado os viños franceses e pouco a pouco había que ir introducindo outras propostas.

Tamén dende Bélgica Íñigo Gracia, distribuidor, dixo estar impresionado pola acollida dada en Ribeira Sacra e loubou as instalacións do Centro do Viño da Ribeira Sacra. Íñigo Gracia facía estas declaracións despois de â??probar un mencía impresionanteâ?�. Segundo o distribuidor belga vendo a historia, a evolución da D.O. e o xeito de cultivar,â?¦. a produción de Ribeira Sacra é cara, pero esa produción dalle ao viño unha exclusividade que non teñen outras Denominacións. â?? Hai que vender algo único, exclusivo, eso viñen buscando e hai viños de Ribeira Sacra cos que traballarei. Polo momento a D.O. non é moi coñecida en Bélgica, hai que invertir tempo en dala a coñecer, pero ofrecendo un bo produto ábrense mercadosâ?�

Esta misión inversa, organizada pola Cámara de Comercio de Ourense, visitaba as D.O. vitícolas de Galicia, coincidindo coa celebración da II edición de Vinis Terrae, o Salón de Viños e Licores Galegos de calidade, no que un ano máis participou tamén a Denominación de Orixe Ribeira Sacra, contando con gran acollida entre o público asistente. A seguinte cita, Salimat, en Silleda, do 11 ao 14 de xuño.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.