Imprimir y PDF

José Mouriño Cuba

â??A mencía ten cabida no mercado y tivo éxito porque R.S. se volcou nela"

15/06/2009

José Mouriño Cuba, natural da Terra Chá é Enxeñeiro Técnico Agrícola do Estado e Biólogo do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia, na actualidade é Xefe do Servizo de Industria e Calidade Agroalimentaria da provincia de Lugo. A súa laboura estivo sempre relacionada coas denominacións de calidade e a recuperación de produtos agroalimentarios, tendo un papel fundamental na posta en marcha de moitas D.O., unha delas foi a D.O.R.S. O amor por esta zona e o seu viño levouno incluso a escribir o libro â??Raiolas da Ribeira Sacraâ?


Como entra en contacto con Ribeira Sacra. Onde nace o amor por esta terra?
O meu primeiro destino profesional foi Ourense, na primeira viaxe que tiven que facer por traballo pasei por Ribeira Sacra. Era primavera, vin o colorido, a temperatura, a paisaxe, o románico, o viño,�era diferente. Para min era novedoso o tema da produción de uva e quedei encandilado co sector do viño.

Había moita materia prima, pero moito traballo por facer�.
Ourense estaba implicado básicamente co Ribeiro e Valdeorras, e pregunteime, porque non co Sil? Voltei pola ribeira do Sil e comprobei que o viño tiña unha boa base, a zona vivía certa decadencia e o sector vitivinícola presentábase como alternativa. Despois ao ser destinado a Lugo, coñecín a ribeira do Miño e comprendín que debiamos tomar medidas para recuperar e promocionar a viticultura, xa que suporía mellorar a paisaxe e sería tamén un atractivo turístico.

Que pasos houbo que dar, como foi o traballo nos inicios?
Para impulsar o sector foi importante que empezaran a funcionar as Comunidades Autónomas e que se celebraran as primeiras Feiras do Viño. A esto había que sumar un grupo de xente que quería recuperar e impulsar o sector, moitos dos compoñentes do Consello actual xa estaban daquela. As dificultades pasaban polo lóxico escepticismo de produtores, técnicos, e a Administración en xeral. Houbo que convencer a moita xente e conseguiuse. A xente que traballaba en Ribeira Sacra precisa forza e espírito para enfrentarse aos socalcos e ese ánimo aplicárono á idea dunha D.O. Pero o certo é que se daquela se encarga un estudio deste proxecto o resultado sería: inviable. Aquí triunfou a fe sobre os posibles problemas técnicos.

â??O meollo era encontrar un grupo de xente que creraâ?, di Mouriño Cuba, eso tíñase, cal sería o seguinte paso?
Unha vez que había fe na idea o seguinte paso era traballar de xeito constante, saber cara onde ir e que medios utilizar. Había que gañar parte do mercado local e decidiuse apostar pola uva mencía. Esto foi un grande acerto, por pór un exemplo, daquela o Bierzo estaba para desbotar a mencía, segundo consta en varias publicacións, pero na Ribeira Sacra apostouse por ela e esto provocou a súa recuperación en zonas vitivinícolas lindantes. A mencía ten cabida no mercado e tivo éxito porque Ribeira Sacra se volcou nela. Ao mesmo tempo había que dar a coñecer o viño e fíxose inicialmente boca a boca, comercializábase o viño de Ribeira Sacra falando cos amigos. Conseguimos que se chateara con Ribeira Sacra, con mencía, quen o ía pensar?

Dende hoxe como se analizan eses inicios?
Os pasos dados foron correctos, ás probas nos remitimos. Daquela moita xente de Ribeira Sacra non sabía o que era a Ribeira Sacra. Se non se fixese nada, hoxe quedaría un consumo residual e a paisaxe non sería a mesma. Entón non se pensaba chegar a onde se chegou e coa rapidez con que se fixo, sobre todo, nunha zona dificultosa como Ribeira Sacra. Con todos os erros e problemas hai que quitarse o sombreiro diante dos ribeiraos e débese dicir, para que as novas xeracións sexan conscientes.

Se agora chegase a Ribeira Sacra sen coñecela de antes,.. que vería?
Unha zona extraordinaria, de grande mérito pola dificultade do traballo, con posibilidades únicas, a nivel europeo, para xerar riqueza e, dende logo, non me imaxinaría todo o proceso. A xente non ve eso, chegan á Ribeira Sacra e pensan que foi sempre así, pero se non se actuase daquela, non habería nin por asomo os fermentos que hoxe se dan para un futuro prometedor.

Fálase de despobación do rural, de concentración de viñas para poder manter certas producións, do problema do relevo xeracional�..ten futuro a Ribeira Sacra?
O círculo vicioso comeza a funcionar en positivo e hai futuro. Haberá produción de viño en Ribeira Sacra porque moitos ven nesta comarca un paraíso, un refuxio que empeza a soar e será referencia no futuro, xerando riqueza. A zona está chamada a converterse nun reduto especial a nivel mundial para ensinar o día de mañá. Tamén hai que ir creando un mundo ao redor do viño, crear empresas de servicios, concentracións de viñedo,...O viño ten moitas armas de defensa para enfrentarse ao futuro.

Comercialización, distribución, promoción�como ve a este nivel a D.O.?
A competitividade é salvaxe, hai que traballar constantemente. Neste caso debemos ter en conta unha premisa: calquera produto noso canto máis se consuma aquí, resulta máis barato facer promoción para envialo cara fóra. Galicia ten aínda a reminiscencia da negación do noso, os galegos temos que ser máis claros e apostar por elo. Habería que promocionar o casamento do viño con outros produtos. O mencía tiña que estar casado necesariamente co polbo e co cocido. Ademáis os viños de Ribeira Sacra, pola súa polivalencia son os reis cando hai que elixir un único viño para unha mesa.

En breve teremos Ruta do Viño da Ribeira Sacra, mentres, deuse un paso importante coa posta en marcha do Centro do Viño da Ribeira Sacra.
Calquera denominación con certa presenza precisa este tipo de instalacións, algo que ensinar ao visitante. Era unha sede necesaria para o C.R.D.O.R.S., ademais é unha atracción turística de primeira orden e punto básico de promoción de Monforte e da Ribeira Sacra. Turísticamente, comercialmente, promocionalmente é fundamental. Referente ás rutas é outra arma comercial máis e necesaria.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.