Imprimir y PDF

Ã?xito absoluto dos tintos da vendima pasada

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra triunfa en Aosta

14/07/2009

Véñense de dar a coñecer os viños premiados na XVII edición do Concurso Internacional de Viños de Montaña, que tivo lugar en Saint Vincent, Aosta, entre o 2 e o 4 de xullo. A Denominación de Orixe Ribeira Sacra presentara 34 mostras pertencentes a 22 adegas, a maioría das mostras correspondían a viños tintos, sendo 6 as mostras de branco. Con 34 mostras presentadas a D.O. fíxose con 12 premios.
Neste certame establécense 10 categorías e os viños de Ribeira Sacra competían en 3 delas:
1.-Viños brancos tranquilos producidos na vendima de 2008
2.-Viños tintos tranquilos producidos na vendima 2008
3.-Viños tintos tranquilos producidos no 2007 e 2006

Por cada categoría establécense 3 premios: gran medalla de ouro, medalla de ouro e medalla de prata. Reciben, ademáis, mención de honra os viños que obteñen máis de 80 puntos sobre 100.

Na categoría de viños brancos recibiron mención de honra:
Almalarga 2008 da adega Pena das Donas S.L., subzona de Ribeiras do Miño.
Viña Vella Diomondi da adega S.A.T. Virxen dos Remedios, subzona de Ribeiras do Miño.

� de destacar o triunfo absoluto da D.O. na categoría de viños tintos da vendima 2008.

Ribeira Sacra fíxose coa gran medalla de ouro para o viño Don Ramón da adega Don Ramón S.L. da subzona Quiroga-Bibei, e a coa medalla de ouro que foi para Cruceiro da adega de Ramón Marcos Fernández da subzona de Amandi.

Nesta categoría obtiveron ademáis mención de honra: Porvide da adega Manuel Mondelo Rodríguez (subzona Quiroga-Bibei), Pradio da adega Javier Seoane Novelle (subzona de Chantada), San Mamed da adega de Rosa María Pumar (subzona Quiroga-Bibei), Val do Frade da adega S.A.T. Os Ermitaños (subzona Quiroga-Bibei), Viña Regueiral da adega de José Rodríguez Prieto (subzona de Amandi) e Viña Vella Diomondi da adega S.A.T. Virxen dos Remedios (subzona de Ribeiras do Miño)

Na categoría de viños tintos producidos no 2007 e 2006 obtén mención de honra Don Ramón 2007 da adega Don Ramón S.L. (subzona Quiroga-Bibei)

O palmarés da Denominación de Orixe Ribeira Sacra este ano complétase co Premio Especial Cervim 2009 para Regina Viarum S.L. (subzona de Amandi). Este recoñecemento outórgase a unha adega por país e é o resultado da suma das puntuacións obtidas polos distintos viños que presente cada adega.

O día 4 de setembro representantes do C.R.D.O.R.S. acudirán a Aosta para recoller os galardóns que serán entregados aos destinatarios finais no xantar de Nadal que todos os anos organiza o Consello Regulador.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: