Lois Diéguez nace en Monforte de Lemos nos anos corenta; veciño da Ribeira Sacra, recreou as súas historias no libro, â??Viaxes ás Terras encantadas de Lemosâ?. Enxeñeiro topógrafo de profesión, escritor de vocación, polÃtico de convicción, viaxeiro incansable de afección e gran conversador. Lois Diéguez fálanos de Ribeira Sacra, do viño, do pasado, do presente e do futuro.
Cando pensa en Ribeira Sacra,â?¦ que lle evoca?
RÃo en plural, os rÃos. O fenómeno natural máis importante da Ribeira Sacra son os tres rÃos, o Miño, o Sil e o Cabe. Se contemplaramos a Ribeira Sacra dende un avión, veriamos que os tres rÃos, na súa configuración xeográfica, forman unha omega; a alfa é a orixe, e a omega o ocaso, é decir, a vida consumada, sabia e rica. Ã? unha terra chea de simbolismo, algo que tentei recoller no libro â??Viaxes ás Terras encantadas de Lemosâ?.
Son os rÃos, entón, o que máis lle gusta de Ribeira Sacra?
Son os rÃos,â?¦ é a montaña. A Ribeira Sacra ten un monte mÃtico que é cabeza de Meda, protagonista na tradición da zona de moitas historias. Nas terras sagradas hai sempre un punto alto que as domina e embelece, e isto acábase convertindo nun mito.Tamén é importantÃsimo o románico, que axudou a humanizar esta paisaxe singular. Non é fácil atopar esta harmonÃa. A zona acadou eco internacional na Idade Media polo que aquà se construiu.
E o viño?
O viño é parte imprescindÃbel dese todo que representa a Ribeira Sacra. Aquà fóronse creando os socalcos escalonados cara os vales dos rÃos, unha construción artificial que respectou a natureza, acadando un prototipo moi persoal que non se dá noutras paisaxes de ribeira. Mantivéronse as zonas boscosas en harmonÃa cos socalcos.
PaisaxÃsticamente o viño é chave en Ribeira Sacra, pero tamén é importante como cultura-tradición. Os romanos, os eremitas e, máis tarde, os colleiteiros, potenciaron e potencian a propia historia e crean este milagre na paisaxe natural e produtos de grande calidade para a alimentación e o gozo. O viño é compañeiro da alegrÃa e da comunicación e axuda a amar a vida.
Vostede é da Ribeira Sacra, mudou moito a zona dende a súa infancia ata agora?
Daquela a terra estaba máis traballada. A natureza redeábanos coa súa explosión de colorido, as estacións eran máis definidas, a xente vivÃa a comunicación en profundidade,â?¦.e hoxe hai moitas zonas sen cultivar, no esquezo. Pero pola contra, aprezamos un avance na restauración de monumentos e creación dun inicio de infraestruturas e unha educación necesaria para sensibilizarse ante o grande monumento que posuÃmos. Xa é un paso que reparemos en que todo isto crea riqueza, e hoxe por hoxe pode ser a fábrica con moitos postos de traballo que a industria non creou.
Como son os recordos asociados ao mundo do viño?
Os meus primeiros anos están moi relacionados coa cultura do viño. Viviamos no barrio dos Chaos e todo se enchÃa de aroma a bullo no tempo da vendima. Hoxe baixo a Chantada ao barrio do Asma, nos meses de setembro, para volver a catalo. Axudáballe a meu pai a botar o sulfato e a podar, e despois eramos os nenos os que esmagabamos as uvas. Agardabamos a época da vendima con emoción, erguiámonos aÃnda de noite e iamos co carro e a arca pola serra de Augalevada para chegar ao Val de Frades onde tiñamos as viñas. Aquilo era o paraÃso da alegrÃa, co barullo dos mozos, as cantigas, o xantar de festa á sombra das pavieiras. O Manuel MarÃa sempre dicÃa que a xente é máis triste se non se educa na cultura do viño, e asà me parece tamén.
Que pensa do viño da Ribeira Sacra, ten algo especial ou diferente se o comparamos con outros?
O viño, co traballo constante, a investigación e o coidado para manter a personalidade propia, sempre mellora. Temos que percurar produtos naturais fronte ao artificio que ás veces se intenta introducir. Na Ribeira Sacra trabállase con ansia, crese no que se fai e iso acaba por darlle ao viño sabor, cor, e arrecendo propio. Os viños de Ribeira Sacra zugan desa terra caracterÃstica que temos e daà collen esa alegrÃa no padal, que se enche de perfumes a mazá, a regaliz, a cereixa ou a herba seca. Son os nosos produtos, non?
SerÃa Ribeira Sacra o que é, sen o viño?
Cando a un conxunto lle falta un elemento, xa non é o mesmo. SeguirÃa sendo Ribeira Sacra, pero serÃa unha Ribeira Sacra diferente, xa non terÃa colorido, serÃa máis triste. Os que nacemos e nos criamos aquÃ, sabemos que o viño é o sangue desta terra, e iso é o que lle podemos ofrecer a quen nos visite. No Xapón, en América, en Europa... en moito mundo coñecen xa os nosos viños. Agora temos que traer aquà a esa xente que os cata, para que saiba quenes somos e o que temos.
Unha reflexión final, algo que quede por dicir, é Ribeira Sacra o mellor lugar do mundo?
Apoio a petición de Patrimonio da Humanidade para a Ribeira Sacra porque ten elementos dabondo para darlle ese recoñecemento. No apartado de promoción turÃstica, sà teño que dicir que se gastan moitos cartos de xeito anárquico e descontrolado. Hai certa desorganización e desconexión institucional a este nivel. Pódese producir mellor e con menos cartos. Hai que facer cousas novas, orixinais, cientÃficamente solventes e traballar todos en base a un obxectivo común e dende unha planificada coordinación. Esa será a nosa grande riqueza.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España