No mes de setembro celébrase unha nova edición da Cata dos Viños de Galicia, que organiza a Consellería do Medio Rural coa colaboración dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe. Será entre os días 8 e 10 de setembro. Á cata preséntanse viños de todas as D.O. galegas.
As adegas interesadas en participar deben de entregar na sede do C.R.D.O.R.S. as inscricións antes das 14:00 h. do día 25 de agosto. Sobre as solicitudes presentadas, farase a recollida de mostras os días 31 de agosto e 1 de setembro. Da recollida encargaranse técnicos da D.O. e un representante da Consellería de Medio Rural.
Os viños que se presenten á cata teñen que ser da colleita 2008, agás os que nalgunha fase de elaboración estivesen en contacto coa madeira, podendo ser, neste caso, do ano 2007.
Cada adega pode presentar como máximo dous brancos e dous tintos, agás na categoría ??Viños de Colleiteiro?, que non poderán ser máis dun branco e dun tinto por adega. As mostras presentadas deben de corresponder a marcas que se estén comercializando e a partida inicial de cada marca deberá superar os 10.000 litros. No momento da recollida as existencias mínimas por marca deberán ser de 5.000 litros. Para compoñer a mostra elixiranse ao chou 6 botellas de entre o lote.
Os viños cataranse por cada denominación e por series, pasando á cata final 6 mostras por cada grupo. A cata realizaraa un grupo de 12 expertos divididos en dous paneis.
A cata dos viños de Galicia premia aos tres mellores viños de cada D.O., ao mellor tinto de Galicia, ao mellor branco de Galicia, ao mellor viño na categoría ??Viños da Terra? e na categoría ??Viños de Colleiteiro? que funciona por segundo ano, entregarase un premio ao mellor branco e outro ao mellor tinto, podendo aumentar o número de premios en función das mostras presentadas.
Un día antes, o día 7 de setembro, terá lugar a XI Cata das Augardentes de Galicia e o VIII Concurso de deseño e presentación de viños e augardentes. Námbolos dous casos os boletíns de inscrición deben de entregarse no Consello Regulador que corresponda antes do día 25 ás 14:00 h. Para elexir aos mellores no Concurso de deseño e presentación, valoraranse aspectos como a calidade da etiqueta, anagramas, tipografía, elementos novedosos, harmonía,?
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España