Imprimir y PDF

Obxectivo fixar data comenzo vendima

CONTROIS DE MADURACIÃ?N NA D.O. RIBEIRA SACRA

25/08/2009

Veñen de dar comenzo na Denominación de Orixe Ribeira Sacra os controis de maduración para determinar as condicións da uva e establecer unha data oficial para o inicio da vendima.
Os controis efectúannos técnicos da D.O., acudindo ás parcelas marcadas nas distintas subzonas. Recóllense ata 58 mostras de distintas variedades nestas parcelas para ver a evolución diaria da uva.

As mostras deposítanse en bolsas de plástico e éstas en neveiras, que se trasladan ao laboratorio. Unha vez no laboratorio analízase o grao alcohólico potencial, a acidez total e o P.H. Coa análise destes parámetros que se repiten cíclicamente, para ver a e evolución, establécese unha data axeitada para o inicio de vendima. Os datos son analizados polo pleno do Consello, que previsiblemente se reunirá nos primeiros 10 días de setembro, para concretar a data oficial de inicio de vendima.

A climatoloxía dos últimos días axudou á maduración e os días que están por vir serán determinantes para ver como se desenvolve a vendima na D.O. Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.