Osdatos provisionais de recollida, por variedades son:
MencÃa:4.689.542
Brancellao:10.028
Merenzao:10.799
CaÃño:2.673
Garnacha:307.925
Mouratón:3.945
Sousón:1.736
Tempranillo:40.962
Grado Negro:326
Albariño:28.960
Dona Branca:4.612
Godello:144.438
Loureira:879
Torrontés:1.960
Treixadura:20.729
TOTAL:5.269.514
Con estes datos róndase a produción do 2005 que estaba en 5.308.843 e que foi a maior ata o momento na D.O. Ribeira Sacra dende que se aprobou a D.O. no 96. Daquela 55 adegas encargarÃanse de traballar ao amparo da Denominación, frente ás 95 deste ano. Pasouse de 900 hectáreas a máis de 1.200, tendo en conta ademáis a incorporación, neste ano, de novas áreas de produción en distintas subzonas. Os viticultores pasaron de 1.100 a máis de 2.800 e no que se refire a produción o salto foi de 2.187.000 quilos a máis de 5.200.000.
Nesta andaina cabe destacar a evolución da propia calidade dos viños de Ribeira Sacra, cuestión que se viu respaldada ano tras ano con numerosos recoñecementos nacionais e internacionais, a implantación no mercados internacionais e o apoio do consumidor.
A tendencia da Denominación seguirá nesa liña, as espectativas desta colleita son moi boas. A uva que entrou en adega estaba en moi bo estado fitosanitario e a graduación é alta.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España