Imprimir y PDF

Alfonso Losasa, xefe enoloxía EVEGA

â??Un viño de Ribeira Sacra soamente se pode facer en Ribeira Sacraâ?

20/11/2009



Alfonso Losada, veciño de Pantón, concello de Ribeira Sacra, leva toda unha vida traballando ao redor do sector do viño. Na actualidade centra a súa actividade na formación e a investigación a través do EVEGA, Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.

Desde EVEGA que tipo de traballos levan a cabo que poidan axudar ás Denominacións ou a adegueiros e viticultores?
A estación está aberta a todos e a todo, por iso periódicamente fanse xornadas de portas abertas, para que a xente coñeza as nosas instalacións en Leiro e as actividades das que se poden beneficiar: formación, investigación, laboratorio para análises,...Todas as analíticas dos viños das diferentes D.O. fanse na Estación de Viticultura. A nosa tecnoloxía está a disposición do interesado, sexan adegas, viticultores ou Consellos Reguladores.

En colaboración con Ribeira Sacra estase traballando en algo?
No seu momento fixéronse traballos de zonificación coa D.O.. Marcáronse unha serie de leiras por subzona para ver o comportamento da mencía atendendo a datos climatolóxicos, análises do chan,... Hoxe colabórase con algunha adega (Adegas Moure) para analizar dúas cuestións: o aclareo de acios (ver como se determina a calidade da uva segundo o rendemento da cepa) e o esfollado (obtendo información sobre enfermidades que afectan á cepa, por exemplo)

Ten algo de especial a D.O. Ribeira Sacra?
Todas as D.O., ou case todas, teñen algo especial. En Ribeira Sacra, ademais da paisaxe e a dificultade, poderiamos falar de terroir. Que é terroir? Son as condicións da zona: o clima, o chan, a orientación ao sol, a propia condución do viñedo. � toda a contorna da cepa. Hai xente á que lle gusta, por exemplo, o viño de Ribeira Sacra e leva cepas de mencía para plantar noutro territorio. O que vai conseguir é un viño de mencía, pero non un Ribeira Sacra porque non se pode levar o terreo, o clima, o sol,�As variedades non son patrimonio de ninguén porque se poden dar en calquera sitio, pero as características do viño resultante van ser distintas en todos eses lugares porque as condicións son diferentes. Un viño de Ribeira Sacra soamente se pode facer en Ribeira Sacra.

Como son os viños de Ribeira Sacra?
Son viños frescos e agradables de beber. Ãs veces é moi difícil elaborar viños â??sinxelosâ? e non quero que se interprete mal o cualificativo, os viños sinxelos escasean e poden resultar excelentes para o padal. Dentro de España a única zona que fai viño do ano e o fai BEN é Galicia. O resto de España sempre tendeu ao crianza, non ao viño novo.

Pero en Ribeira Sacra estanse facendo viños de crianza e con moi bos resultados.
E hai espazo para todo, os viños de ano e os crianza. Pero para utilizar a mencía en barrica hai que ser moi coidadoso, non calquera mencía vale para barrica. Ten que haber unha elaboración adecuada previa, temos que ter un grao concreto, unha acidez específica, un ph,� hai que ver a cantidade de litros que acepta a barrica, se pasa primeiro por depósitos de aceiro, que a adega teña unha temperatura constante todo o ano,... Hoxe fanse grandes crianzas en Ribeira Sacra, pero houbo que investigar moito para chegar a este punto e o traballo continúa.

Como ve ao consumidor con respecto a Ribeira Sacra, a xente pide Ribeira Sacra?
Cada vez máis a xente pide Ribeira Sacra. Eu creo que cando alguén bebe un Ribeira Sacra visualiza unha paisaxe. Se alguén ve como se traballa aquí, como son as condicións do terreo, nun territorio tan fermoso e tan duro, namóraste desta viticultura e bebes o viño. Creo que é importante que a xente coñeza como é Ribeira Sacra.

A D.O. evolucionou significativamente en todos os ámbitos desde a súa constitución como tal, pero séguese facendo camiño, algunha recomendación para o futuro?
Seguir experimentando, por exemplo, a interrelación da mencía con outras variedades como sousón e tempranillo; centrar a atención ao traballo na viña e seguir buscando solucións e técnicas para que o traballo neste terreo sexa máis fácil. Importante sempre, xa non só no sector do viño, a formación, participar en cursos, seminarios,...ter a información para poder seguir mellorando e coñecer novas posibilidades.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.