Imprimir y PDF

26 de febreiro

A Peroxa acolle a Cata de Calificación da Colleita 09 en Ribeira Sacra

13/02/2010

O 26 de febreiro a Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebrará a Cata de Calificación da Colleita 2009. Será a partir das 12:00 da mañá na casa consistorial de A Peroxa. Esta cita ten carácter itinerante e pretende servir para dar a coñecer o territorio e os lugares de interese de Ribeira Sacra, ademáis, do viño. O pasado ano a cita foi na subzona de Ribeiras do Miño, na Igrexa de Santo Estevo de Ribas do Miño, a colleita do 2008 obtiña a calificación de MOI BOA.
As mostras para a cata coménzase a recoller o 16 de febreiro. Recóllense un total de 10, 2 mostras por subzona.

Nesta ocasión trasladaranse ata a subzona de Chantada un panel de 10 catadores. Espérase contar no panel de cata con:

Eugenio Rodríguez Suárez, da Asociación de Sumilleres Gallaecia
Pablo Vidal Rodríguez, da Asociación Galega de Catadores
José Antonio Portela Sánchez, da Asociación Galega de Sumilleres
Mikel Ceberio Aguirre, da Asociación de Sumilleres de Navarra
Waldo Carreiras Albo, Xefe de Servicio de Promoción Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural
Bartolomé Sánchez Martínez, xornalista gastronómico
José Luis Hernáez Mañas, experto en viticultura
Luis Díaz Álvarez, xornalista
José María Martínez Alonso, membro do panel de cata do CRDORS
Mar Vilanova De la Torre, da Misión Biolóxica de Galicia


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.