Imprimir y PDF

Xornada informativa o día 8 para mellorar os procesos de traballo en adega

Marzo de promoción para a D.O. Ribeira Sacra

03/03/2010

O consello Regulador da Denominación de Orixe estará presente, neste mes, en Xantar e Alimentaria.
Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, terá lugar entre o 3 e o 7 deste mes en Ourense. A cita é un referente en Galicia á hora de falar da promoción da nosa gastronomía e do noso turismo e un ano máis o Consello Regulador participa dela no ánimo de dar a coñecer os nosos viños entre as máis de 20.000 persoas que cada ano acuden a esta feira.
Xa cara finais de mes, entre o 22 e o 26 de marzo, celébrase en Barcelona, Alimentaria. O salón Internacional de Alimentación e Bebidas chega á súa 18ª edición. Cada ano o Consello Regulador achégase a esta feira que ofrece novas posibilidades comerciais para os viños de Ribeira Sacra.
Tanto en Xantar como en Alimentaria contarase tamén coa presencia de adegas da D.O. a nivel particular.

O mes de marzo será tamén utilizado na xornada do día 8 para presentar ás adegas da D.O. o ??Proxecto piloto para mellora da calidade do produto final en adegas mediante a innovación nos procedementos de xestión e control?. A iniciativa levouse a cabo en Rías Baixas e o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra coa colaboración de FEUGA quere poñela en marcha en Ribeira Sacra co obxecto de que as adegas poidan optimizar os seus procesos de traballo. A iniciativa podería acollerse a unha liña de axudas da Consellería do Medio Rural. En todo caso para coñecer máis polo miúdo os detalles da proposta, os adegueiros están convidados a unha xornada informativa o día 8 de marzo a partir das 12:00 na sede do Consello Regulador. Prégase aos interesados confirmación de asistencia poñéndose en contacto co Consello.

Información e inscrición no apartado de cursos desta web.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.