Adegueiros do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra participaron hoxe dunha xuntanza para coñecer algo máis sobre o ??Proxecto piloto para a mellora da calidade do produto final en adegas mediante a innovación nos procedementos de xestión e control?. A cita era unha primeira toma de contacto entre adegueiros, FEUGA, EVEGA e o Grupo de Enxeñería de Organización da Universidade de Vigo, xunto con técnicos do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.
Para poñer en marcha o proxecto na D.O. é necesaria a participación dun mínimo de 10 adegas. Nas adegas que participen levarase a cabo un plan de mellora, a búsqueda de prácticas que optimicen o proceso loxístico-produtivo da adega, as relacións cos seus clientes ou a relación co propio C.R.D.O.R.S.
O proxecto tería unha duración duns 9 meses, durante ese tempo a adega terá que ter unha persoa responsable do proxecto que estudie, cunha persoa do equipo do proxecto, allea á adega, os distintos procesos de traballo e analicen, entre as partes, como mellorar. A partir dese momento comezaría o proceso de implantación. A intención é ir mellorando o xeito de traballar das adegas, para incidir positivamente na xestión e no produto final. A participación no proxecto non supón, necesariamente, obter un certificado de calidade, aínda que os mecanismos de traballo son similares.
Parte do proceso sería, tamén, a celebración de reunións mensuais de todo o equipo de traballo para poñer en común as distintas experiencias. O desenvolvemento do proxecto, que pretende poñer a dispoción das adegas solucións para atender as necesidades do sector en I+D+I, podería verse beneficiado por unha liña de axudas que, ao respecto, ten a Consellería do Medio Rural.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España