O C.R.D.O.R.S. decidiu renovar o seu material promocional. Ata o dagora víñase funcionando con dous tipos de propostas: un mapa desplegable con información sobre a zona e datos de contacto das adegas e, por outra banda, un folleto con información xeral da D.O. Á hora de plantexarse a modificación do material decidiuse unir as dúas propostas nunha. O resultado, un pequeno catálogo de 10 páxinas, máis cuberta, no que podemos atopar o mapa con información da zona, acompañado de fotografías de viñedo características das 5 subzonas das D.O., información relativa ás adegas e información xeral da D.O.: unha breve introdución sobre Ribeira Sacra, a viticultura heroica, o Consello Regulador, información sobre os viños e a uva e as súas características organolépticas.
Outro cambio no plantexamento do material promocional refírese aos idiomas. Ata o momento contábase con catálogo de información xeral en castelán-galego e outro catálogo en inglés. A nova proposta inclúe os tres idiomas nun mesmo catálogo.
O obxectivo principal destas modificacións ten que ver con reducir o material para maior comodidade do usuario, podendo atopar nun único produto os datos xerais nos idiomas cos que se viña traballando. En definitiva, búscase maior funcionalidade para achegarse aos elementos básicos da D.O.
A nova proposta tamén quere facer unha aposta polas imaxes que nos ofrece Ribeira Sacra. Ademáis das fotografías do viñedo en cada subzona, utilízanse dúas imaxes emblemáticas de Ribeira Sacra para a portada (viñedo na ribeira de Doade) e a contraportada (O Cabo do Mundo na Cova). Paralelamente e, como apoio a esas imaxes, modifícase o lema. A nova proposta é ??O sabor dunha paisaxe?. Séguese así a liña marcada desde o comezo por este Consello Regulador de asociar o mundo do viño ao territorio e promocionar o viño como produto dun entorno, dunha paisaxe.
A tirada inicial é de 8.000 exemplares e comezarase a distribuír en Alimentaria, entre o 22 e o 26 de marzo.
En rolda de prensa, o Presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez, presentaba este novo catálogo e informaba de que o Consello Regulador da Denominación de Orixe será o anfitrión da próxima Asamblea da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas. A cita será os días 16 e 17 de abril. Participará da asamblea unha ampla representación dos Consellos Reguladores Vitivinícolas de España. Ademáis da reunión de traballo, cun programa que se facilitará en próximas datas, os participantes terán a posibilidade de coñecer Ribeira Sacra e Santiago de Compostela, aproveitando a celebración do Ano Xacobeo.
José Manuel Rodríguez deixaba constancia, tamén, do bo funcionamento da última colleita. Despois de coñecer hai uns días a valoración da colleita como moi boa, na correspondente cata de calificación, facía balance do viño que se leva embotellado: 1.100.000 litros e xa pasaron a cualificación para embotellar de xeito inmediato 1.552.000 litros. ?? A colleita está saíndo moi ben e está tendo demanda no mercado?, aseguraba o Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España