Imprimir y PDF

Como máximo 22 mostras pasan mañá á cata final da XVI Cata dos Viños da Ribeira Sacra

66 mostras cataron hoxe 15 catadores na cata de selección

27/05/2010

Hoxe seleccionáronse 22 mostras para a cata final dos viños da Ribeira Sacra que se celebra mañá.

No salón de conferencias do Centro de Viño desenvolveuse durante toda a mañá de hoxe a cata de selección da XVI Cata dos Viños da Ribeira Sacra.

O Panel de cata desta edición estivo formado por 15 catadores, presentando pequenas variacións sobre o previsto por cuestións de transporte que afectaron a dous dos catadores. Finalmente no panel de cata están:

JOSE FELICÍSIMO PEREIRA FREIJIDO, membro da Asociación Galega de Catadores
JESUS L?PEZ PITA, membro da Asociación de Sumilleres Gallaecia
JOSE MANUEL MARTÍNEZ JUSTE, membro Asociación Galega de Enológos
ANTONIO PORTELA SÁNCHEZ, membro Asociación Galega de Sumilleres
CEFERINO CIMADEVILA ALONSO, membro da Asociación de Sumilleres de Asturias
JOS? RUÍZ DE LA PE?A; membro da Asociación de Sumilleres de Asturias
FERNANDO LÁZARO ARRANZ, Xornalista especializado, El Mundo
LUIS MORENO BOJ, Colaborador revistas especializadas,
Televisión Valencia
PILAR SOTO IGLESIAS, Técnico en Enoloxía
PABLO FRANCO SARRIA, Director Técnico de D.O. Bierzo
JOS? MARÍA MARTÍNEZ ALONSO, Sumiller. Propietario Viñoteca O Beiro
LUIS JOS? L?PEZ PAADÍN, Delegado para Galicia da Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV)
LUIS DÍAZ ÁLVAREZ, Xornalista especializado, La Voz de Galicia
ANTONIO VELILLA DE LA LOMA, Inspector do Servizo de Control e
Calidade Alimentaria
MAR VILANOVA DE LA TORRE Investigadora en Viticultura e Enoloxía no CSIC

Para os distintos procesos da cata, a cata de selección de hoxe e cata final de mañá, empréganse as fichas de cata recoñecidas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Para a puntuación de cada viño obtense a media das puntuacións individuais dadas polos catadores que compoñen o panel de Cata, desprezando, previamente, as puntuacións extremas. En caso de empate calcúlase a mediana.

Iniciouse a cata polos viños brancos, rematando cos viños doutras añadas, igual procedementos se seguirá mañá. Da cata de hoxe selecciónanse, para a cata final, como máximo 10 viños tintos , 6 na categoría de brancos e 6 na categoría de viños doutras añadas. Polo tanto, mañá a partir das 11:00 da mañá, no mesmo esceario, o panel de cata contará cun máximo de 22 mostras entre as que se escollerán os mellores viños da D.O. Ribeira Sacra nesta XVI edición da Cata dos Viños de Ribeira Sacra.

E mentres se celebra esta cata, ultímase, tamén, a XVIII edición do Concurso Internacional de Montaña de Aosta, que este ano se celebrará entre o 1 e o 3 de xullo. Os interesados en participar deben de entregar a documentación necesaria e as mostras dos viños, na sede do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra antes das 15:00 do día 31 de maio.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: