Imprimir y PDF

As condicións do terreo e a dificultade para traballalo foron os elementos que máis chamaron a atención aos visitantes

A D.O. Ribeira Sacra pecha con éxito a celebración da asemblea da C.E.C.R.V

19/04/2010

Os Consellos Reguladores Vitivinícolas de España insistiron, na Asemblea celebrada na D.O. Ribeira Sacra, no seu desacordo coa liberalización de plantacións. Segundo a C.E.C.R.V., a liberalización que se pretende desde a U.E. pode xerar deslocalización e onde hoxe o viñedo é rendible, pode deixar de selo.
Os Consellos Reguladores do Viño de España demandan tamén que se poidan facer campañas de promoción dos viños en Europa. Insisten en que o viño é un alimento e, polo tanto, deberíaselle de poder dar publicidade.
Na asemblea, que tivo como esceario, o Centro do Viño de Ribeira Sacra, explicóuselles aos participantes o procedemento de certificación 45011 como garante de calidade e, desde o Observatorio Español do Mercado do Viño deixouse constancia das tendencias nas vendas. O ano pasado incrementáronse as vendas de graneis, algo que ocorre habitualmente en época de crise e produciuse unha caída xeneralizada no resto de vendas, aínda que este ano estase recuperando a normalidade.
A xornada de traballo dos Consellos Reguladores abríaa o Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, quen encomiou o traballo dos Consellos Reguladores, asegurou que o viño era un dos alicerces da economía en Galicia e animou aos Consellos a trasladar as súas inquedanzas ás administracións para poder traballar en conxunto para seguir mellorando.

Ademais da xornada de traballo, o centenar de persoas participantes na Asemblea da C.E.C.R.V., tiveron unha comida co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Hostal dos Reis Católicos. Núñez Feijóo asegurou no seu discurso que ??o viño é alicerce da industria e saboroso embaixador das nosas terras?. Enxalzou o afán de superación das adegas e os méritos dos profesionais do sector, en Galicia e España. ??Autenticidade e calidade definen aos caldos galegos e españois. Temos o país con máis produción e somos unha terra que sempre soubo honrar aos seus viños. Convertemos a pluralidade en fortaleza e así debemos de seguir?, asegurou o Presidente da Xunta.

A visita a Santiago de Compostela comezaba coa asistencia dos representantes dos Consellos Reguladores Vitícolas de España á misa do peregrino, onde o Presidente da C.E.C.R.V., Fernando Prieto, leu, en nome do colectivo ao que representa, unha ofrenda ao Apóstolo Santiago. ??Encomendámosche a nosa misión, encomendámosche o noso traballo diario nos campos de España tanto viticultores como vinicultores?, foi parte do saúdo ao Apóstolo Santiago.

A axenda dos representantes da C.E.C.R.V. completouse con visitas a distintos puntos de Ribeira Sacra como a zona da Cova e Doade, neste último enclave tiveron a posibilidade de gozar dunha viaxe en catamarán. Os/as acompañantes de quenes o venres pola mañá tiñan reunión de traballo aproveitaron para coñecer o Colexio Nosa Señora da Antiga, o Centro do Viño da Ribeira Sacra e o Museo de Arte Sacro das Clarisas.

Durante un xantar en Rectoral de Amandi e durante unha cea no Parador de Santo Estevo, os membros da C.E.C.R.V. estiveron acompañados polo Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro e polo Presidente da Deputación de Ourense, José Luís Baltar, respectivamente.

Esta asemblea foi unha das máis concorridas das celebradas pola C.E.C.R.V. e é que había un grande interese por coñecer as características da D.O. anfitriona, Ribeira Sacra. As condicións do terreo e a dificultade para traballalo foron os elementos que máis chamaron a atención aos visitantes. Con posterioridade á asemblea, o secretario da C.E.C.R.V., José Afonso Sierra, recollía no seu bolg: ??A viticultura pode ser xeométrica, lineal, poligonal, esférica, pentagonal, cuadrangular, rectangular; pode ser aritmética, matemática, xeográfica, musical, festiva,? pero arquitectónica ?? Arquitectónica e monumental só hai unha: a de Ribeira Sacra.?


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.