Imprimir y PDF

Trazabilidade e promoción dos viños

Próximas actividades da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

29/04/2010

O salón de conferencias do Centro do Viño acolleu a presentación do proxecto do Centro Técnico Operativo do Viño, CTOV. O CTOV é unha empresa creada por unha multinacional suiza, que impulsou en España un programa para protexer o produto ante posibles fraudes e manipulacións ao tempo que se mellora a súa trazabilidade.
O programa permite a promoción dos viños, a valorización da súa integridade e a protección e ensinanza ao consumidor. Para acadar melloras nestes aspectos o programa conta con servizos técnicos, legais e promocionais. As empresas que se acollan ao programa verano reflexado na etiquetaxe dos seus produtos, a través de códigos de seguridade que avalan todo o proceso, dende a orixe ata a chegada ao consumidor.
A adhesión ao CTOV permite maior visibilidade e valorización do produto, ao tempo que unha mellora na eficacia operativa, con elo acádase maior satisfacción para os clientes, protección do consumidor reforzada e ferramentas legais mellor adaptadas.

Xa para o 5 de maio, na sede da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, celebrarase unha xornada informativa sobre trazabilidade e rexistro de marcas no sector vitivinícola. A actividade está organizada pola D.O. Ribeira Sacra con Álvarez Real Consultores. Comenzarase ás 19:00 coa presentación e charla titulada ??Quen non ten marca non ten identidade?, impartida polo abogado Alberto Álvarez, Axente da Propiedade Industrial. Posteriormente Raquel Varela, Enxeñeiro Agrícola, ofrecerá a charla ??O viño deixa pegada, viaxe á orixe do viño?, na que se abordará o tema da trazabilidade do sector vitivinícola.
A xornada informativa rematará ao redor das 20:30 e para poder acudir, prégase confirmar asistencia previamente.

E o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra prepara para os días 27 e 28 de maio a XVI Cata dos Viños da Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: