Imprimir y PDF

Cata para a Guía Peñín na D.O. Ribeira Sacra

José Peñín: ??o potencial de Ribeira Sacra é infinito?

04/05/2010

A sala de catas do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra acolleu a cata de viños para a Guía Peñín. Acudían a catar o propio José Peñín e o coordinador da guía, Carlos González.
Presentáronse para a cata un total de 50 mostras correspondentes a 26 adegas, 12 mostras eran de viño branco, 9 de barrica e 29 de mencía do ano.

Os catadores aseguraban que se levaron unha sorpresa nos tintos sen madeira, produto dixeron, duns chans marabillosos. ??O gran noroeste? chama Peñín á zona de Galicia e o Bierzo, cando se refire aos viños e á hora de centrarse en Ribeira Sacra cre que o potencial da D.O. é enorme pola variedade de viños que pode ofrecer ao ter chans e orientacións tan distintas. ??O potencial de Ribeira Sacra é infinito e a evolución dos viños ano a ano é moi positiva, subindo aos poucos, unha media de 3-4 puntos. Estamos ante unha colleita moi correcta, moi boa. A climatoloxía favoreceu unha maduración lenta e respectáronse os aromas das variedades?.

Para Peñín o mellor de Ribeira Sacra é o marco xeográfico e as condicións para ter boa uva, despois, di, entra en xogo a sabedoría enolóxica dos adegueiros para facer viños extraordinarios.

Cando José Peñín e Carlos González sentan a catar afirman que valoran o equilibrio do viño e a diferenza, non utilizan a paixón, nin a emoción, nin o gusto persoal. ??Non podemos dicir o que sentirás bebendo un viño cunha determinada comida, sí o que podes percibir en xeral dese viño, pretendemos darlle unha orientación ao consumidor, pero é el quen ten que sacar a últimas conclusións sobre un viño. Os viños que teñen entre 80 e 90 puntos son moi bos viños, os que teñen máis de 90 puntos son viños diferentes,? especiais?.

O resultado da cata coñecerase cando esta edición da Guía Peñín chegue ao mercado. Unha publicación na que se referencian ata 8.000 viños catados, pertencentes a unhas 2.700 adegas de todo o estado español.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: