Imprimir y PDF

....poderían compararse coa viticultura da Ribeira Sacra"

â??Soamente un par de lugares máis, no mundo,....

17/06/2010

Por terceira vez en dous anos, o xornalista alemán Jürgen Mathab, visitou a D.O. Ribeira Sacra. Jürgen Mathab está en Galicia desde o día 15 ata o 19 coñecendo algo máis das D.O. galegas para elaborar un dossier sobre viños galegos que se publicará na revista Weinwirtschaft, primeira revista do sector en Alemaña. A iniciativa parte do IGAPE de Düsseldorf.

En Ribeira Sacra, Jürgen Mathab visitou algunhas das adegas que xa traballan no mercado alemán ou que teñen capacidade suficiente para exportación. Durante todo o día catou distintos viños e referenciounos en cuestións como variedades utlizadas, ano de elaboración, cantidade de botellas que saen ao mercado, prezos para exportación,....

Jürgen Mathab leva tempo especializándose nos viños españois e aseguraba que nos últimos anos a zona de Galicia, á hora de falar de produción vitivinícola, lle chama moito a atención. â??Deuse un achegamento entre Galicia e mais euâ?, afirma.

Os viños de Ribeira Sacra son, para o xornalista alemán, fáciles de tomar, afroitados, agradables, frescos,... Gústanlle os tintos e sorprendeuse moi gratamente cos brancos, ata o punto de preguntar â??Se estes son os brancos que se fan aquí,...por que non se fan máis brancos?â?

O máis especial da D.O. Ribeira Sacra para Jürgen Mathab é a paisaxe â??Incrible, espectacular, soamente un par de lugares máis no mundo poderíanse comparar coa viticultura de Ribeira Sacra. Esa paisaxe transmítese ao viño... Neste punto considera que o mellor xeito de vender o viño cara ao exterior é mostrar o territorio, fomentar o enoturismo e, da man, promocionar o viño.â?


â??Os viños para exportación teñen que ser viños con carácter, aquí hainos, pero sempre hai que seguir traballando, hai que experimentar e ofrecer cousas novas. A D.O. ten futuro e un mercado que funciona moi ben, ten potencial para a exportación, neste camiño é necesario ter presente o plus que dá a paisaxe para vender este viñoâ?.

Ã? importante coñecer a dificultade e complicación do traballo nos socalcos de Ribeira Sacra para entender o prezo destes viños. En ocasións tense dito que vendo como se traballa aquí, os viños son baratos, pero sen coñecer eses antecedentes, os nosos viños poden resultar caros e esto apuntaba o xornalista alemán â??O prezo dos viños novos pode supor un handicap para que compitan no mercado da exportaciónâ?


O resultado da visita, hoxe, á D.O. Ribeira Sacra verase a partir do 19 de setembro na revista Weinwirtschaft. Servirá para presentar a Alemaña os viños galegos e como prólogo á feira Prowein 2011.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: