Este ano, por primeira vez, a Asociación Galega de Catadores e a Asociación de Sumilleres de Galicia, Gallaecia, realizan de maneira conxunta as catas para os premios "EXCELENCIA 2010" que concede la A.G.C. e "DISTINCI�NS GALLAECIA 2010" que concede a Asociación de Sumilleres.
Hoxe os viños protagonistas foron os da D.O. Ribeira Sacra, 18 catadores, entre unha asociación e outra, divididos en dous paneis de cata, cataron un total de 61 mostras, 13 delas de viño branco (1 mostra de barrica) e o resto de tintos (13 mostras de barrica)
Para os â??Distinguidos Gallaeciaâ? dos viños catados hoxe farase unha selección de mostras que pasará a unha cata final que se celebrará en agosto na provincia de Pontevedra.
Os viños da D.O. seguen mellorando ano a ano, era o balance que nos deixaban algúns dos catadores, tras probar os viños. â??Cada vez fanse mellores viños nesta D.O., agora é necesario dar un salto para facelos diferentes. Técnicamente os viños están moi ben, conseguido esto hai que dar un paso máis, elaborar viños diferentes ao do veciño porque existe a base para que poidan ser diferentes, variedade de solos, de exposición ao sol,â?¦.â? Luis PaadÃn, Presidente da Asociación Galega de Catadores, quen continuaba â??Os brancos cada ano están mellor. Os tintos teñen unha boca moi cómoda, nada agresiva, son viños moi feitos a estas alturas do ano nas que estamos, algo moi bo para os viños novosâ?.
A xornada de cata, na sala de catas do Centro do Viño da Ribeira Sacra, deu tamén para coñecer impresións doutras D.O. sobre a D.O. Ribeira Sacra, en palabras de Luis PaadÃn, por exemplo, â??A D.O. Bierzo admira á D.O. Ribeira Sacra pola súa capacidade comercializadora, o feito de vender toda a produción antes de que remate o ano. A D.O. Ribeira Sacra acadou que a hostalerÃa e os consumidores aposten polo noso, éste é un dos principias éxitos da D.O. Ribeira Sacra.â?
Quedamos á espera de coñecer os resultados da doble cata de hoxe, mentres, xa sabemos o que deu de sà a celebración das catas de viños tintos e viños brancos galegos en Euskadi, con motivo da celebración do dÃa de Galicia en Euskadi. A D.O. Ribeira Sacra obtivo o segundo premio en tintos co viño Don Ramón 2009 da adega Don Ramón S.L. (subzona de Quiroga Bibei).
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España