Imprimir y PDF

Jürgen Mathab, xornalista alemán

Weinwirtschaft

11/10/2010

Publicación sobre as D.O. vitivinícolas galegas por iniciativa do IGAPE de Düsseldorf. Os artigos están elaborados polo xornalista alemán Jürgen Mathab, durante a súa visita a Galicia en xuño de 2010. A revista Weinwirtschaft, é a primeira revista do sector en Alemaña e servirá para presentar a Alemaña os viños galegos e como prólogo á feira Prowein 2011.

A publicación, que poden descargar en alemán na parte inferior deste artígo, homanaxea especialmente á D.O. Ribeira Sacra, de feito, a portada é unha foto dunha paisaxe emblemática desta Denominación.

Tradución do espacio dedicado á D.O. Ribeira Sacra.

RIBEIRA SACRA: Quita o alento


Quen mira desde as terrazas de Adega Moure aos famosos canóns do Miño, ou desde as alturas de Doade ás ladeiras de lousa cheas de vides ao longo do Sil, pensa automaticamente no canón do Mosela. Con dúas diferenzas: é moito máis estreito e hai menos estradas e pobos. As escarpadas e perigosas ladeiras imposibilitaron a construción de estradas máis amplas e os asentamentos. Por iso en Ribeira Sacra permaneceu, inalterada, a paisaxe de viñedos, dunha beleza que quita o alento, un dos terreos cultivados máis máxicos desta terra.

Dólmenes e pinturas murais aluden a asentamentos prehistóricos. Os romanos explotaron en Montefurado unha das minas de ouro máis grandes daquela época, para a que se perforou a través do granito un túnel de 400 metros de longo, 19 de ancho e 17 de altura. Naquela época xurdiron os primeiros viñedos en socalcos. ??Heilige Ufer?, a Ribeira Sacra, así se chama a rexión desde 1124 debido ao gran número de mosteiros e ermidas.

Como unha franxa que se estira ao longo, xorde en 1996 a denominación de orixe que abarca, as ladeiras do Miño que vén do Norte e do serpenteante val do Sil en dirección este-oeste. Ambos os ríos, que se unen en Os Peares, cortan profundos barrancos nas montañas. Ás súas ladeiras adhírense pequenas e antigas terrazas de viñedos, castaños e casas diseminadas. Dado que o turismo estranxeiro non descubriu aínda este tesouro, conserva o seu atractivo, con todo non soluciona os problemas estruturais. Moitos pobos sofren a emigración. Das 3.000 ha de viñedos só 1.220 están rexistradas como superficie de denominación de orixe. As outras serven a miúdo para o autoconsumo das familias. Ata, unha pequena parte das uvas dalgunhas superficies rexistradas dedícanse á elaboración de viño da denominación de orixe. Apenas 4 millóns de litros de viño repártense por aproximadamente 100 adegas, das cales só 20 embotellan máis de 50.000 botellas. 2.870 propietarios de viñedos afánanse en parcelas dunha media de só 500 metros cadrados.

A Ribeira Sacra cultiva, a diferenza das outras D.O. galegas, principalmente viño tinto. Das 14 castes de uva autorizadas oficialmente, o 90 % é Mencía, que tradicionalmente se transforma nun viño novo afrutado e de marcada acidez. A calidades son Ribeira Sacra Summum (cun mínimo de 85% do tipo de uva recomendado e 11% mínimo de alcol ) e Ribeira Sacra ( polo menos 70% do tipo de uva recomendado e 10% mínimo de alcol) . O regulamento non prevé o viño almacenado en carballo, nin Crianza, nin Reserva.

Poucos adegueiros foron, ata o momento, máis aló do estilo tradicional. Pero nestas ladeiras de granito e lousa pódese elaborar viño de gran valor, como mostrou, entre outros, o enólogo Raul Pérez xunto con algúns produtores. Un terroir de grande valor e a beleza da paisaxe son, con seguridade, os puntos fortes da rexión. O microclima e o chan ofrecen moitas posibilidades. Os chans son, como en toda Galicia, sobre todo de granito e a súa composición relativamente aceda. Mentres que no val do Miño, algo máis cálido, predomina o granito; no val do Sil abunda a lousa sobre arenisca e o feldespato.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.