Imprimir y PDF

Maridaxe porco celta e viño da D.O. Ribeira Sacra

D.O. Ribeira Sacra: promoción e solidariedade

01/02/2011

Avanzado xa o 2011 chega unha nova edición de Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Expourense entre o 2 e o 6 de febreiro (horario ininterrumpido de 12:00 a 01:00, agás o día 6 con peche ás 20:00). Como en anos anteriores a D.O. Ribeira Sacra estará representada por partida triple, con stand propio, a través do stand da Consellería do Medio Rural e coa participación de adegas a nivel particular.

Xantar pretende servir de escaparate e como exaltación da gastronomía galega, contando con representación dos produtos máis emblemáticos entre os que non podía faltar o viño. No stand do Consello Regulador poderase degustar o noso viño, pero ademáis este ano adícase un día, o xoves 3 de febreiro, ao maridaxe do porco celta con viño da D.O. Ribeira Sacra, encargaranse delo desde a Escola de Hostalería de Villamarín.

E a D.O. poñía o peche ao mes de xaneiro con presencia na Gala do Viño y da Moda que organizou a Fundación �scar Pereiro no Hotel Pazo dos Escudos de Vigo, para recadar fondos para a Asociación Española contra o Cancro. A D.O. Ribeira Sacra aportaba o seu viño para a ocasión. Catáronse, ademáis, viños de adegas de Ribeira Sacra que acudiron a título particular.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.