Imprimir y PDF

II Xornadas Técnicas Winetech

Innovación, viño con moderación e bos resultados

13/04/2011

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra colabora coa FEUGA e o INGACAL nas II Xornadas Técnicas Winetech, que levarán a cabo o próximo 4 de maio na sede da FEUGA. As xornadas forma parte do proxecto Winetech, posto en marcha para promover a I+D+I nas rexións da Unión Europea con forte tradición vitivinícola, entre as que se atopa Galicia. O prazo para inscribirse nas xornadas termina o 2 de maio.

E a D.O. Ribeira Sacra sumouse hoxe ao programa europeo ??Viño con moderación?. Da firma de adhesión participaron, ademais as outras D.O. do viño en Galicia, a Asociación Galega de Catadores e a Asociación de Sumilleres Gallaecia, que promoveu a participación dos asinantes.

Dominio de Bibei B 2005 elaborado na D.O. Ribeira Sacra atópase entre os 50 mellores viños de España segundo recolle a guía Peñín 2011. Nesta edición ningún viño obtén os 100 puntos e só un, de Sanlúcar de Barrameda, recibe 99 puntos. Dominio do Bibei B 2005 recibe 96 puntos e colócase no posto 28, sendo o viño galego mellor valorado pola guía.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.