Imprimir y PDF

A cata final dos Distinguidos Gallaecia será en Monforte de Lemos en agosto

Unha cata de viños frescos, vivos e atlánticos

07/06/2011

Por segundo ano consecutivo a Asociación Galega de Catadores e a Asociación de Sumilleres de Galicia, Gallaecia, realizan de xeito conxunto as catas para os premios "EXCELENCIA" que concede a A.G.C. e "DISTINCI?NS GALLAECIA" que concede a Asociación de Sumilleres de Galicia.

Hoxe 12 catadores dámbalas dúas asociacións divididos en dous paneis de cata cataron as mostras na D.O. Ribeira Sacra, un total de 73 mostras, 13 delas de branco (1 de barrica) e o resto tintos (18 doutras añadas).


Para os ??Distinguidos Gallaecia?, dos viños catados hoxe farase unha selección de mostras que pasará a unha cata final que se celebrará a finais de agosto en Monforte de Lemos, escollendo para a ocasión os viños que están no mercado, mentres que os premios Excelencia da A.G.C. daranse a coñecer ao longo deste mes de xuño.

Desde Gallaecia, Mercedes González, destacaba que a elaboración dos brancos de Ribeira Sacra vai en ascenso, asegura que son viños moi estruturados que obedecen á tipoloxía da uva. Pola súa banda os tintos son moi afroitados, moi limpos, viños moi representativos de Ribeira Sacra. Considera Mercedes González que os viños da Denominación van evolucionando ano a ano, elimínanse defectos e tense máis coidado nas elaboracións, ??desterrouse fai tempo o concepto de viños acedos asociados a esta zona, agora tradúcese en frescura, viveza,? nos viños atlánticos que son?, apunta Mercedes González.

Felicísimo Pereiro, membro da A.G.C. apuntaba que tras un ano difícil os viños están ben de cor, de nariz e en boca, moi próximos aos do pasado ano. ??Os viños de Ribeira Sacra seguen ofrecendo o que teñen de especial: froita fresca, as cores vivas e rechamantes que dá a mencía, en boca son viños lixeiros, pero aparecen tamén viños máis carnosos?. Preguntado por se considera á D.O. unha Denominación emerxente, afirma ??máis que emerxente é unha Denominación totalmente asentada, polo menos en Galicia, fóra de Galicia podería falarse de que é unha Denominación emerxente, pero aos poucos pasará a estar tamén totalmente asentada no resto do Estado?.

Os viños que hoxe obteñan máis de 90 puntos serán viños Excelencia, os que obteñan máis de 79-80 pasarán á cata final para as Distincións Gallaecia.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.