Imprimir y PDF

Día 15 de xuño en horario de mañá

Xornada â??Madeira e Viñoâ? en Ribeira Sacra

10/06/2011

O Parador de Turismo de Monforte acolle o día 15 en horario de mañá a xornada â??Madeira e Viñoâ?. A actividade estará impartida polo profesor francés Guy Guimberteau do Instituto de Enoloxía da Universidade de Bordeos (profesor de longa traxectoria, asesor de múltiples adegas tanto en Francia, como noutros países como España, e autor de numerosos libros, foi adxunto do profesor Peynaud, dirixe en Bordeos os Cursos de Formación permanente dirixido a sumilleres), en colaboracion con Mª Isabel Mijares do equipo Team e Ivan Klecker ( Director Comercial da Tonnelllerie Saint Martin, tonelería francesa de gran experiencia nos Chateaux de Borgoña e Bordeos).

Durante a xornada ofrecerase unha conferencia seguida dun coloquio e posterior cata dos viños das adegas da Denominación interesadas en que se valore, sobre os seus viños, o comentado durante a charla-coloquio.

A proposta, que un día antes se achegará á D.O. Ribeiro e á D.O. Rías Baixas, está aberta a todas as adegas interesadas.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.