Imprimir y PDF

"Como se pode cultivar aquí? ? incríble!?.

Conexión Ribeira Sacra- Xapón

16/06/2011

A xornalista xaponesa especializada en viños españois, Yoshiko Akehi, está coñecendo de primera man a D.O. Ribeira Sacra. Yoshiko Akehi, fundadora da empresa Akehi S.A. que se adica á promoción de viños españois no Xapón, coñeceu a Denominación en Fenavin, alí probou os viños e espertaron o seu interese, desde o stand da Denominación propúxoselle visitar a D.O., probar os diferentes viños e ver como se cultiva aquí o viño.

A proposta foi aceptada e Yoshiko Akehi estivo onte pola tarde paseando polas zonas de viñedo, actividade que repetirá hoxe pola tarde, mentres que a mañá, adicouna a catar os viños brancos e tintos da Denominación.

Yoshiko Akehi asegurounos que levaba tempo querendo coñecer a zona e quedou gratamente impresionada ??o territorio é sorprendente, todo ten unha pendiente moi forte, case tiña medo, como se pode cultivar aquí? ? incríble?.

Cos viños está, tamén, moi satisfeita, afirma que non se esperaba atopar os brancos que aquí atopou ??viños con carácter que utilizan variedades que se usan noutras denominacións, pero que aquí teñen un sabor diferente, represéntase o terreno no viño?. De maneira similar se referiu aos tintos ??son viños frescos, con volumen, equilibrados, boa acidez e boa froita, teñen o carácter da terra de interior?.

Yoshiko Akehi escribirá en publicacións especializadas xaponesas sobre o que probou e viu na Ribeira Sacra, tentará trasmitir as impresións que a ela lle deron a paisaxe e o viño. Asegura que a Xapón exportan moito viño Francia, Italia e Chile e, agora cada vez máis, España. Hai moitos bares e locais españois nos que atopar viño español e, puntualmente, atópase algún viño da Ribeira Sacra. Cre que son uns viños que poden gustar ao consumidor xaponés e que o mercado os pode tratar ben.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.