Imprimir y PDF

Preparándose para a vendima

Ribeira Sacra manterá os prezos de uva da pasada campaña

27/08/2011

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra congratúlase dos bos resultados da última campaña, cun incremento das vendas nos 8 primeiros meses do ano, do 3% con respecto ao mesmo período do pasado ano. Ante estes resultados, as 7 adegas de maior produción da D.O., que representan o 70% da produción, decidiron manter os prezos do pasado ano.

O acordo tomouse nun xantar de confraternidade no que estiveron representadas as adegas Rectoral de Amandi, Val de Quiroga, Regina Viarum, Ponte da Boga, Abadía da Cova, Santa María de Nogueira e Vía Romana; cita que contou, tamén, coa presenza do Presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez. A D.O., polo tanto, enfróntase, un ano máis á campaña de vendima centrándose na estabilidade dos prezos

A nova campaña é protagonista desde fai días, precisamente a pasada semana, os técnicos do Consello comezaban a realizar os controis de maduración nas parcelas definidas nas distintas subzonas. Como en anos anteriores, desde o Consello contarase con persoal que vixiará a calidade da uva e os rendementos. Desde o Consello Regulador faise un chamamento aos viticultores para que teñan en conta este aspecto e recórdanlles que os excesos de rendemento están sancionados pola Consellería cun mínimo de 2.000 �.

A maduración da uva é óptima e todos os parámetros son correctos, polo que en próximos días o pleno do Consello reunirase para fixar a data oficial de comezo de vendima, que podería ser a mediados do próximo mes de setembro.




CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.