O pleno do C.R.D.O.R.S. reuniuse a última hora da tarde de onte (09-09-2010) para propoñer unha data recomendada para o inicio da campaña de vendima na Denominación. Tendo como base os datos dos controis de maduración que os técnicos do Consello veñen realizando desde finais do pasado mes, determinouse que a data aconsellada para o inicio da vendima era o 15 de setembro. Unha semana antes que a data proposta na pasada campaña. As condicións que presenta a uva son excepcionais e todo fai pensar que será unha gran campaña para a Denominación.
Nesta campaña elaborarán viño ao amparo da D.O. 92 adegas e encargaranse de vixiar o proceso 16 veedores, ademáis dos técnicos propios do C.R.D.O.R.S. e da Directora Técnica do Consello.
Independientemente da data recomendada polo Consello, algunhas adegas comezaron xa, nestes dÃas, a pedir permisos puntuais para iniciar os traballos. Quiroga-Bibei, Amandi e Chantada foron as subzonas encargadas de abrir a vendima na D.O. Asà desde o pasado 1 de setembro ata hoxe lévanse recollido 66.000 quilos de uva.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España