Imprimir y PDF

El viajero. el país.com

Viticultura heroica na Ribeira Sacra

18/10/2011

De camiño á Ribeira Sacra, paisaxe de verde superlativo partido polos ríos Sil e Miño, os viñedos salpican as escarpadas ladeiras. � un territorio extenso rabuñado por arroios que descenden entre árbores e rocas. O seu traxecto sinuoso pode contemplarse desde decenas de miradoiros ou desde o privilexiado enclave do mosteiro benedictino hoxe convertido en Parador de Santo Estevo.

A D.O. Ribeira Sacra, con 94 adegas inscritas, conserva a viticultura case heroica introducida polos romanos con vides en pendentes sobre socalcos de pedra construídos con esforzo. O obxectivo é aproveitar as vertentes máis asolladas e así conseguir caldos intensos e aromáticos. Desde o Parador de Monforte de Lemos pódense visitar adegas, o Museo do Viño, o Museo de Arte Sacro ou ata facer unha ruta en catamarán polo río Sil.

Ligazóns


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: