No decreto 288/2009 publicado no DOGA do 15 de maio establécese o procedemento para a aplicación da regularización obrigatoria da superficie de viñedo en Galicia. A regulación afecta ás parcelas plantadas de vide antes do 1 de setembro de 1998, sen dispoñer dos correspondentes dereitos de replantación. Estas superficies non tiñan, ata agora, obrigas de arrinca; coa nova OCM do viño existe a obriga de regularizar esta situación co pagamento dunha compensación por hectárea de cultivo de vide para vinificación plantada sen dereitos antes do 1 de setembro do 98. De non facerse asà antes do 1 de xaneiro do 2010, a persoa responsable da plantación deberá arricar as cepas de vide afectadas.
Entre a documentación a presentar está fotocopia do NIF/CIF da persoa solicitante e plano ou bosquexo acoutado do SIXPAC en que se aprecie con exactitude a superficie de viñedo que se vai regularizar.
O prazo de presentación das solicitudes de regularización remata o 30 de xuño de 2009.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España