A D.O. Ribeira Sacra promociónase en Gourmets onde participará de maridaxes con Carne de Vacún de Galicia
05/04/2019
A D.O. Ribeira Sacra será a encargada de abrir e pechar o programa de Degustacións ”Galicia: 35 experiencias de calidade”. As citas cos nosos viños serán:
- Luns, 8 de abril, de 12.00 a 13.00 h.
- Martes, 9 de abril, de 15.00 a 16.00 h. degustación con IGP Patacade Galicia.
- Mércores 10 de abril, de 17.00 a 18.00 h. degustación con IGP Grelosde Galicia, IGP Fabade Lourenzá, IGP LacónGalego, IGP Patacade Galicia
- Xoves, 11 de abril, de 12.00 a 13.00 h.
O viño da D.O. Ribeira Sacra será protagonista, tamén, no espazo das
IGP de Carne de Vacún de Galicia. Todas as degustacións faranse con viños da D.O. Ribeira Sacra. As citas coa participación da D.O. Ribeira Sacra son as seguintes:
- Luns, día 8 ás 12.30 h. con IGP Tenreira Galega e IGP Vaca Galega / Boi Galego. Chef, Javier Rodríguez “Taky”
- Luns, día 8 ás 17.30 h. con IGP Tenreira Galega. Chef, Oliver Fernández
- Martes, día 9 de abril ás 12.30 h. con IGP Tenreira Galega e IGP Vaca Galega / Boi Galego. Chef, HéctorLópez
- Martes, día 9 ás 17.30 h. con IGP Tenreira Galega. Chef, Oliver Fernández
- Mércores, día 10 de abril ás 12.30 h. con IGP Tenreira Galega e IGP Vaca Galega / Boi Galego. Chef, José Manuel Mallón
- Mércores, día 10 de abril ás 17.30 h.
A participación neste tipo de programas facilita o dar a coñecer aos asistentes, as peculiaridades e características do viño e da viticultura na Ribeira Sacra. Á vez que se promocionan os produtos galegos con indicativo de calidade. Os viños da Ribeira Sacra estarán tamén representados en Gourmetsa través
dalgunhas das adegas amparadas pola Denominación, que acoden con stand propio e que participarán na 24 edición do Túnel de Viño e noutras actividades de promoción dentro do Salón.
O Salón Gourmetsé referencia no produto de alta gama dentro do sector da gastronomía. Cunha traxectoria de 32 edicións consecutivas, este Salón profesional diríxese ao visitante nacional e internacional; á hostalería, restauración, distribución agroalimentaria, cátering, comercio especializado, etc.
A Organización en colaboración co ICEX(Instituto de Comercio Exterior), convida a xefes de compras, directores xerais e propietarios de negocios de alimentación internacionais interesados na comercialización de produtos delicatessen. Estes compradores potenciais proveñen de Europa, Asia, América do Norte, Centro e Sur, Australia e Nova Zelandia.
A participación enGourmetsé parte da campaña de internacionalización que está a desenvolver a D.O. Ribeira Sacra, reforzando a presenza no estranxeiro das adegas amparadas pola Denominación. Así a seguinte cita, tras Gourmetspara o C.R.D.O.R.S. será
VinexpoBurdeos, entre o 13 e o 16 de maio.