Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra, xunto con 26 denominacións máis, participa no terceiro brinde colectivo e simultáneo polo viño D.O.

24/04/2019

Este evento, que se celebra por terceiro ano consecutivo, quere poñer en valor o viño con denominación de orixe e achegalo ao público en xeral e aos mozos en particular, nun ambiente festivo e reivindicativo. Pero ademais este ano destacarase o papel das denominacións de orixe e dos seus viticultores e adegas como un elemento vertebrador do medio rural, como fonte de sustentabilidade socioeconómica e de fixación de poboación ás zonas rurais.  
Na celebración da terceira edición do Día Movemento Viño D.O. participan 27 denominacións de orixe: Almansa, Arlanza, Binissalem, Bullas, Calatayud, Catalunya, Cigales, Condado de Huelva, Jumilla, La Mancha, Lanzarote, León, Monterrei, Montilla -Moriles, Navarra, Pla i Llevant, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Rioja, Tacoronte -Acentejo, Toro, Uclés, Valdepeñas, Valencia, Vinos de Madrid e Yecla.              
As 27 denominacións de orixe convocarán ao público en xeral (tanto aos amantes do viño, como aos que aínda non o son e se queiran achegar a descubrilo), para dar a coñecer o carácter único e diferencial dos seus viños con D.O. e participar nunha xornada aberta a todos. Cada D.O. terá a súa propia programación, que se pode consultar en www.vinosdo.wine e que se irá actualizando segundo vaia achegándose a data do evento, na que non faltarán as promocións, concursos e sorteos.

Redes sociais e #DíaMovimientoVinoDO  
As redes sociais xogarán un papel importante durante este día e serán o lugar no que se poderán ver as mellores imaxes e seguir en directo o brinde colectivo. A través de Facebook, Twitter e Instagram e utilizando o hashtag #DíaMovimientoVinoDO, desde a organización anímase aos usuarios para compartir as súas fotografías e experiencias ao longo da xornada.  
Ademais, as redes sociais serán a canle pola que se irá informando de todas as novidades que xurdan ata que chegue o 11 de maio.  
O DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O. celebrouse por primeira vez o 20 de maio do 2017 e tanto ese ano, como na súa segunda edición, no 2018, conseguiu xuntar a miles de persoas brindando polo viño con denominación de orixe en diferentes puntos de España. Trátase dun día para celebrar a diversidade e a calidade dos viños con D.O.  
MOVEMENTO VIÑO D.O. naceu no 2016, sendo hoxe a marca pública coa que a Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), a asociación nacional que representa ás DDOO de viño, se dirixe ao consumidor para difundir o concepto denominación de orixe e os valores ligados aos viños con D.O. (calidade, diversidade, autenticidade, arraigamento cultural, seguridade alimentaria, estilo de vida saudable, protección do medio ambiente…).


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.