Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra e Caixabank asinan convenio de colaboración

03/05/2019

A D.O. renova así, con Caixabank, o convenio financeiro que tiña con outra entidade. Esta nova relación financeira ofrece préstamos e outro tipo de produtos bancarios, adaptados ás necesidades de cada viticultor e do territorio.  
Igor das Heras destaca que “A nosa intención é que este acordo sexa útil para o Consello Regulador. Nós achegamos a parte tecnolóxica coa tarxeta que ofrecemos e todos os servizos financeiros. Gústanos o sector e todo o relacionado co medio ambiente e a natureza. Ademais, como entidade financeira, este convenio permítenos posicionarnos na Ribeira Sacra. É algo positivo para todos que, esperemos teña continuidade no tempo, dando solucións ás necesidades que xurdan no sector.”  
Pola súa banda José Manuel Rodríguez sinala que “Este convenio é resultado de querer colaborar cunha entidade que entendeu as nosas inquietudes. Hai servizos que solucionarán situacións dos viticultores. A tarxeta é unha ferramenta máis, adaptada aos tempos e con máis capacidade para controlar o viñedo.”

O convenio solucionará moitas situacións financeiras propias do sector, segundo afirmou o Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, “Estamos no camiño de ir mellorando cada día, imos cara a unha Ribeira Sacra máis forte e máis recoñecida”.  
O convenio de colaboración tamén abre a posibilidade a outro tipo de servizos como xornadas formativas, rentings, asesoramento en procesos de internacionalización,… todo enfocado ás particularidades do sector. O no acto da firma estiveron tamén a Secretaria do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, Mercedes Martínez Fernández e Javier Rodríguez Mosquera, Director da oficina de Caixabank en Monforte de Lemos. Ámbaslas dúas partes destacaron e agradeceron o esforzo da xente que traballou para poder chegar a este resultado.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.