O pleno do C.R.D.O.R.S. reuniuse para fixar unha data recomendada para o inicio da campaña de vendima na Denominación. Tendo como base os datos dos controis de maduración que os técnicos do Consello veñen realizando desde finais do pasado mes, determinouse que a data aconsellada para o inicio da vendima era o 26 de setembro. Uns 10 dÃas despois da data fixada na pasada campaña. A climatoloxÃa xerou un lixeiro atraso, pero favoreceu unhas boas condicións sanitarias na uva.
Nesta campaña elaborarán viño ao amparo da D.O. 98 adegas e encargaranse de vixiar o proceso 16 veedores, ademais dos técnicos propios do C.R.D.O.R.S. e da Directora Técnica do Consello.
Independentemente da data recomendada polo Consello, pódense pedir permisos puntuais para iniciar os traballos de vendima. Será a subzona de Amandi a que abra a campaña este sábado.
Pensando xa, nesta campaña, representantes das 7 adegas de maior produción da D.O. Ribeira Sacra (Val de Quiroga, Ponte da Boga, Regina Viarum, Rectoral de Amandi, AbadÃa da Cova, Santa MarÃa de Nogueira e VÃa Romana) reunÃronse nun xantar de confraternidade, ao que tamén acudiu o Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel RodrÃguez. Entre outros asuntos, acordaron manter o prezo da uva da anterior campaña para as variedades preferentes que se atopen en bo estado sanitario e cun mÃnimo de 12,5º. Para as variedades autorizadas cada adega establecerá acordos cos provedores. Dependendo da calidade da uva, o prezo para as autorizadas roldará a metade do prezo das variedades preferentes.
Con este acordo maniféstase o apoio á viticultura de calidade e lánzase unha mensaxe de estabilidade na D.O. Ribeira Sacra neste momento de crise, como veñen facendo nos últimos anos.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España