Imprimir y PDF

valora os viños da D.O. Ribeira Sacra

Neal Martin, crítico da guía The Wine Advocate, ...

11/10/2012

The Wine Advocate, comandada por Robert Parker, é unha das guías de viños máis prestixiosas do mundo e desde hoxe referenciará con máis detalle os viños da D.O. Ribeira Sacra. O crítico para España desta publicación, Neal Martin, está dedicando un par de días a coñecer a denominación e os seus viños. Hoxe durante todo a mañá catou os viños da D.O. Ribeira Sacra interesados en someterse á súa valoración, en total 73 viños dos que unha quincena eran viños brancos.

Neal Martin probara algún viño de Ribeira Sacra en Londres este mesmo ano e aseguraba hoxe que lle chamou a atención. Destaca destes viños a frescura e facilidade para bebelos, ao tender a ser pouco alcohólicos, en comparación con outros viños.

Tras a maratoniana mañá de cata, o resto do tempo aproveitouno para visitar algunha adega e coñecer de primeira man a paisaxe da que nacen estes viños, paisaxe que o impresionou polo desnivel que presentan as ladeiras nas que se cultiva a vide, dando como resultado o que se denomina Viticultura Heroica.

As valoracións dos viños terán o seu reflexo en The Wine Advocate entre finais deste ano e principios de 2013. Os viños referenciados serán aqueles que teñan 85 puntos ou máis. A estancia de Neal Martin na Ribeira Sacra, coñecendo tamén a zona de produción, busca que o propio catador entenda mellor o sentido e as características do viño, podendo trasladar adecuadamente, ao lector, que é cada viño. As referencias desta guía, na que apareceron viños da D.O. Ribeira Sacra, conseguen un importante recoñecemento internacional co conseguinte valor engadido para os viños puntuados nela.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: