19 medallas do CERVIM no Mondial des Vins Extremes para os viños da D.O. Ribeira Sacra
19/07/2019
Un ano máis os viños da D. O. Ribeira Sacra triunfan en Aosta e regresan con case unha vintena de premios despois da participación no Mondial deas Vins Extremes. Os premios entregaranse o 1 decembro do 2019 no Forte dei Bard - Val de Aosta (Italia), onde acudirá a recollelos un representante do C.R.D.O.R.S. para entregalos aos seus destinatarios no tradicional xantar que o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra organiza a finais de ano.
A D.O. Ribeira Sacra presentaba este ano 51 mostras, 44 de tintos e 7 de brancos, pertencentes a 35 adegas e obtén en Brancos 3 Medallas de Ouro e 1 de Prata. Na categoría de Viños Tintos obtéñense 6 Medallas de Ouro e outras 6 de Prata. O palmarés para a D.O. Ribeira Sacra complétase con 3 Medallas de Ouro na categoría doutras anadas.
Categoría Viños Brancos anada 2018 Medalla de Ouro:
- VIÑA GAROÑA– 2018, Adegas Viña Garoña
- VIA ROMANA – 2018, Adegas e Viñedos Vía Romana
- ABADIA DA COVA – 2018, Adegas Moure S.A
Medalla de Prata:- ALMALARGA– 2018, Alma das Donas S.L.U.
Categoría Viños Tintos Medalla de Ouro:- VIÑA MEZQUITA - 2018, José Manuel Vidas López
- VIÑA PEÓN – 2018, Ernesto Rodríguez Pérez
- CASTROFIZ BARRICA – 2017, José Luis Pedreira
- DON COSME – 2018 , EDV 2015, S.L
- FINCA CUARTA POR RUBÉN MOURE – 2018, Rubén Moure Fernández
- REGINA VIARUM – 2018, Regina Viarum SL
Medalla de Prata:- CAPADOR – 2017, Adega Tear
- VAL DA LENDA – 2018, Víctor Manuel Rodríguez López
- DON BERNARDINO – 2018, Don Bernardino SL
- TRADICIÓN – 2017, Jorge Feijoo González
- MALCAVADA – 2018, Araceli Vázquez Rodríguez
- PRÓMINE – 2018, Bodegas Petrón
Categoría Viños otras anadas
Medalla de Ouro:- REGINA VIARUM ECOLÓGICO – 2016, Regina Viarum S.L
- DON BERNARDINO FINCA MEZQUITA – 2014, Don Bernardino S.L
- CONDADO DE SEQUEIRAS BARRICA – 2016, Adegas Condado de Sequeiras
O
Mondial des Vins Extrêmes, que organiza o
CERVIM (Centro de Investigación, Estudos, Protección, Coordinación e Valorización da Viticultura de Montaña) é o concurso enolóxico máis importante a nivel mundial, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos heroicos (altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en puntos da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas). Con este certame e na actividade diaria o CERVIM promove e pon en valor a produción enolóxica desas terras que se caracterizan polas súas dificultades estruturais, pero tamén por viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria.
O obxectivo final é destacar as características únicas destas elaboracións e dar a coñecer os aspectos culturais da viticultura de montaña e o valioso traballo que os viticultores fan para salvagardar estes territorios e o medio ambiente.