Adega Damm S.L. da subzona de Amandi inicia este mércores, 28 de agosto, os traballos de recollida de uva. Entre tanto, os técnicos do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, realizan os controis de maduración que axudarán a fixar unha data oficial para o inicio xeneralizado da vendima nesta Denominación.
Os controis de maduración realízanse sempre nas mesmas parcelas, representativas das cinco subzonas e con uvas de distintas variedades. Cos resultados, o departamento técnico do Consello elaborará un informe que presentará a pleno para que se fixe a data oficial recomendada para o inicio da vendima.
As condicións climatolóxicas foron favorables e non se detectaron pragas nin fungos que afectasen significativamente ás cepas. O estado sanitario das uvas promete ser óptimo e fai confiar nunha colleita superior aos 7 millóns de quilos de uva. A partir desta semana coñeceranse máis datos sobre a calidade da uva e o seu grao de maduración.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España