Imprimir y PDF

Premiados na XXXIV edición da Feira do Viño de Amandi

14/04/2014

Un ano máis en Ribeira Sacra la Feria del Vino de Amandi que se celebra en Sober (Lugo) é o punto de partida para o inicio da Semana Santa e doutros actos festivos que se celebran cada na zona.
Durante o mes previo á celebración da Feira o concello realizou diversos actos para promover os viños da Subzona de Amandi, entre os que cabe destacar cursos de iniciación á cata de viños, unha cata comentada para persoas con minusvalidez visual e unha xornada sobre aspectos da patoloxía da vide cara a unha viticultura sostible.

Dentro dos actos que se desenvolven na Feira ten lugar a Cata Oficial na que se presentan os viños que están presentes na feira. A precata ten lugar o sábado pola tarde e a cata o domingo pola mañá, sendo a entrega destes despois do pregón oficial, que este correu a cargo do gaiteiro Carlos Núñez.

Neste concurso elíxense aos 3 mellores viños da Feira sen que exista ningunha preferencia entre eles, este ano os viños premiados foron:

  • Don Bernardino da adega Don Bernardino S.L.
  • Cruceiro da adega de Ramón Marcos Fernández
  • As Muras da adega de Tomás Rodríguez González

O panel de cata estivo formado por Mar Vilanova de la Torre, investigador da Misión Biolóxica de Galicia; María Eugenia Medina González, enóloga e mienbro do panel de cata do CRDO Ribeira Sacra; Juan Manuel Casares Gándara, director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia; David Cidre Guitián, profesor do ciclo formativo de Servizos de Restauración de la Escuela de Hostelería Belarmino Fernández Iglesias de Rosende (Sober) e José María Martínez Alonso, membro do panel de cata do CRDO Ribeira Sacra e sumiller - propietario da vinoteca "Ou Beiro" en Santiago de Compostela.




CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: