Xornada: Manexo do solo e fertilización no viñedo
21/04/2014
Os obxectivos desta xornada son:
- Informar os viticultores sobre os aspectos que cómpre ter en conta para unha xestión sostible do solo no viñedo.
- Avaliar o emprego de diferentes cubertas vexetais como alternativa do manexo do solo e os seus defectos sobre a calidade da uva e do viño
- Dar a coñecer as novas técnicas de fertilización como a fertirrigación e os biofertilizantes
- Difundir os resultados de investigacións e ensaios de campo sobre cubertas vexetais e fertirrigación que se desenvolven en Galicia e noutras rexións de España
Os destinatarios desta xornada son viticultores, adegueiros, enólogos, persoal técnico, persoal investigador, estudantes...
O número de prazas é de 100 persoas e a data límite para realizar a inscrición é o 28 de abril.
Os interesados deberán inscribirse e facer a solicitude a través da páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar.
As solicitudes deberán remitirse ao EVEGA por:
Fax: 988 488 191
Correo Electrónico: evega@cesga.es
Ligazóns