Pablo Vecilla e Javier Luengo representantes da Guía Peñín e membros do equipo de cata que están elaborando a guía para a próxima edición de 2015, estiveron onte na sede do CRDO Ribeira Sacra en Monforte de Lemos (Lugo) para avaliar os viños de Rineira Sacra.
En total puideron catar un total de 66 marcas diferentes de viños de Ribeira Sacra, 15 de viños brancos e 51 de viños tintos, de 25 adegas pertencentes á denominación de orixe.
As valoracións que realizan tras realizar a cata son moi positvas. Javier Luengo comenta que os viños de Ribeira Sacra lle sorprenderon gratamente porque tiña constancia que 2013 fora unha anada complicada, pero que aínda así está sorprendido polo resultado obtido.
Comenta tamén que os viños de Ribeira Sacra son uns viños peculiares, en ocasións difíciles de explicar, pero que cando os catas non te deixan indeferente.
Por último realiza un apuntamento cara aos viños brancos, nos que ve un futuro prometedor, xa que considera que son viños moi singulares e moi diferenciados doutras viños doutras zonas.
A Guía Peñín é a guía de viños de referencia a nivel nacional e internacional, recolle referencias de todas as Denominacións de Orixe españolas, Viños de Pago, Viños de Calidade... recollendo máis de 10.000 referencias de viños catados.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España