Imprimir y PDF

Victoria Moore visita a Ribeira Sacra

09/07/2014

A xornalista do Reino Unido Victoria Moore do xornal The Telegraph e tamén escritoria no seu propio blog "Planet Victoria's World of Wine" visita durante tres días adegas e viñedos inscritos na denominación de orixe Ribeira Sacra.

Durante a súa visita tamén realizará na sede do Conselo Regulador da D.O. Ribeira Sacra unha cata de 38 mostras de viño (8 de viño branco e 30 de viño tinto) de 14 adegas pertencentes á denominación de orixe.

O resto da xornada dedicarase a coñecer adegas e viñedos de diferentes subzonas da denominación de orixe.

Victoria Moore xa coñecía algúns viños de Ribeira Sacra que se exportan ao seu país de orixe, pero quixo coñecer en primeira persoa as adegas onde se elaboran os viños, aos seus produtores e a paisaxe en Ribeira Sacra que dá gran personalidade aos viños.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: