Na sala de catas do Consello Regulador Ribeira Sacra tivo lugar a cata dos viños Ribeira Sacra para as "Distincións Gallaecia 2014" que concede a Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia e a cata para os premios " Excelencia 2014" que outorga a Asociación Galega de Catadores.
O numero de mostras participantes para ambos os dous concursos foi de 109 entre viños brancos e tintos, que nesta cata pasan unha primeira fase, para posteriormente poder participar na fase final.
O panel de cata estivo formado por 9 catadores, técnicos de ambas as dúas asociacións, que son os encargados de realizar a cata ás cegas de todas os viños que participan.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España