Imprimir y PDF

28 e 29 de maio

XV CATA DOS VIÃ?OS DA RIBEIRA SACRA

25/05/2009

Os días 28 e 29 de maio celébrase no Parador de Turismo de Monforte a XV Cata dos Viños de Ribeira Sacra que organiza o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Poden participar na cata os viños elaborados por adegas inscritas na D.O. que se atopen en fase de comercialización. Establécense 3 categorías:
.viños brancos; entrarán a concurso os brancos Ribeira Sacra Branco Súmmun, correspondentes á colleita 2008.(volume mínimo superior a 1.000 litros)
.viños tintos; entrarán a concurso os tintos Ribeira Sacra Tinto Súmmun, correspondentes á colleita 2008.(volume mínimo superior a 1.000 litros)
.viños doutras anadas; pódense presentar viños doutras colleitas distintas a 2008 que non participasen en edicións anteriores e os viños con barrica da colleita 2008.(volume mínimo superior a 500 litros) Ã? o segundo ano que se conta con esta categoría.

Técnicos do C.R.D.O.R.S. conformaron a mostra recollendo 3 botellas ao azar entre o stock de cada adega interesada en participar na cata.
Participarán 59 mostras, correpondentes a 35 adegas:
.10 mostras de branco
.37 mostras de tinto
.12 mostras para a categoría outras anadas


O día 27 pola tarde no Parador de Turismo de Monforte precíntanse as mostras ante notario. O día 28 ás 9:00 da mañá comeza a precata, catando os viños en series de 10 como máximo. Comezarase polos viños brancos e terminarán con viños doutras anadas.

Á cata final pasarán, como máximo, 10 viños tintos, 6 viños na categoría de brancos e 6 viños doutras anadas. O día 29 ás 11:30 será a cata final, ante notario, seguida de comida, que se aproveitará para entregar os premios aos mellores de cada categoría.
Para as categorías de viños tintos e viños brancos haberá medalla de ouro, prata e bronce. Na categoría doutras anadas haberá unha medalla de ouro se o número de mostras participantes é igual ou inferior a 14, dúas medallas de ouro se o número de mostras é igual ou inferior a 20 e tres medallas de ouro se as mostras participantes superan as 20.

O panel de cata estará formado por 13 persoas:
Eugenio Rodríguez Suárez, Asociación Galega de Catadores, propietario de â??Vinoteca 64â?� e restaurante â??Cuarenta y tantosâ?�
Constantino Igresias Fernández, Asociación Galega de Catadores, docente e Director da Escola de Hostalería de Empresarios de Ourense
Mercedes González Rodríguez, Asociación de Catadores Gallaecia, catadora e docente
Antonio Raluy Rodríguez, Asociación de Catadores Gallaecia, titular tenda especializada â??Vinos con sentidoâ?�
Luís Díaz Álvarez, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S. e xornalista especializado de â??La Voz de Galiciaâ?�
José María Martínez Alonso, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S. e catador propietario de vinoteca â??O Beiroâ?�
Jorge Mazaira Pérez, Director Técnico C.R.D.O. Valdeorras
Luís Miguel López Núñez, Director Técnico C.R.D.O. Monterrei
José María Campos Villamarín, xornalista especializado da revista â??Epicurâ?�
José Luís Hernáez Mañas, experto en viticultura e enoloxía
Fernando Lázaro Arranz, xornalista especializado â??El Mundoâ?�
Mikel Ceberio Aguirre, Presidente da Asociación de Catadores de Navarra, restaurador
Luís Moreno Boj, colaborador en diversas revistas especializadas e colaborador da televisión valenciana

Á comida e correspondente entrega de premios asistirán, entre outras autoridades, o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, alcaldes de concellos de Ribeira Sacra e representantes da administración autonómica.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.