Despois de 38 días de intensa actividade o pasado sábado día 11 de outubro dábase por finalizada a vendima cun total de 93 adegas que elaborarán viño baixo o amparo da denominación de orixe esta campaña.
O pasado 4 de setembro comezaba puntualmente a vendima en Ribeira Sacra para aquelas adegas que polas características e situación dos seus viñedos facían que a uva cumprise os parámetros esixidos polo Conselo Regulador.
O día 18 de setembro era a data recomendada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe para o inicio da vendima.
A cantidade de uva recollida é similar á do ano pasado e cúmprense coas previsións que ao inicio da campaña realizou en Consello Regulador.
Por regra xeral as chuvias caidas non afectaron ao viñedo en Ribeira Sacra e a uva entrou nas adegas nun estado sanitario bo polo que se prevé que a próxima colleita se cualifique como moi boa.
Os quilogramos totais recollidos nesta campaña son 4.771.170
Os quilogramos de uva diferenciados por variedades son:
Variedades Tintas:
Mencía: 4.064.144
Brancellao: 34.516
Merenzao: 15.998
Caiño: 1.726
Garnacha: 218.729
Mouratón: 7.262
Sousón: 11.480
Tempranillo: 64.796
Variedades Brancas:
Godello: 241.855
Albariño: 72.582
Doa Branca: 6.645
Loureira: 1.179
Torrontés: 2.514
Treixadura: 27.744
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España