XXI Cata dos Viños da Ribeira Sacra
27/04/2015
Os próximos días 21 e 22 de maio celebrase a XXIª edición da Cata dos Viños de Ribeira Sacra organizada polo Conselo Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra que terá lugar en Monforte de Lemos (Lugo).
As adegas inscritas na denominación de orixe poden presentar a cata as mostras que consideren, cubrindo o boletín de inscrición que se encontra adxunto, ata o día 7 de maio.
O panel de cata estará formado por un mínimo de 7 catadores profesionais ligados ao mundo da vitivinicultura de diversa procedencia: xornalistas nacionais e internacións, sumilleres, enólogos... e a cata consistirá en dúas fases:
- Pre-cata ou cata de selección que terá lugar o día 21 de maio
- Cata final que terá lugar o día 22 de maio
Establécense 3 categorías diferentes para poder presentar os viños á Cata:
- Viños Brancos
- Viños Tintos
- Viños de Otras Añadas
A entrega de premios realizarase o mesmo día da cata final nun acto organizado para tal fin que terá lugar en Ferreira de Pantón (Lugo), sendo os premios por categorías os seguintes:
- Para a categoría de Viños Brancos: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce
- Para a categoría de Viños Tintos: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce
- Para a categoría de Viños de Otras Añadas: dunha a tres Medallas de Ouro, dependendo do número de mostras que se presenten nesta categoría
A recollida das mostras que se presentan á Cata será realizada polo persoal técnico do Conselo Regulador a partir do día 11 de maio.
Descargas