Imprimir y PDF

14 adegas da D.O. Ribeira Sacra reciben os seus premios HGg&T

19/12/2019

14 adegas da D.O. Ribeira Sacra recibiron, nas instalacións do Consello Regulador, as medallas individualizadas que as acreditan como triunfadoras das catas HGg&T, celebradas durante o ano 2018.

A D.O. Ribeira Sacra, nas comparativas celebradas no 2018, resultou premiada con 18 distincións, 4 ouros, 7 pratas e 7 bronces para as 14 adegas convocadas a esta entrega de diplomas. Diplomas que certifican que obtiveron algunha medalla de ouro, prata ou bronce nas catas do pasado ano, demostrando unha aposta continua pola calidade: Chao do Couso, Adegas Cachín, Ronsel do Sil, Regina Viarum, Vía Romana, Abadía da Cova, Ponte da Boga, Casa Moreiras, Lar de Ricobao, Virxen dos Remedios, Val da Lenda, Finca Míllara, Ámedo e Alma das Donas. 

A entrega deste mércores pola tarde é a continuación da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada en Santiago de Compostela o pasado mes de outubro, na que foran proclamadas estas distincións. Naquela ocasión, fíxoselle entrega aos Consellos Reguladores das certificacións acreditativas dos podios conseguidos polos seus representados. Nesta ocasión tocaba entregar a distinción, individualmente, a cada empresa distinguida. Do acto de entrega de distincións participaron en representación do C.R.D.O.R.S., Marta Villén, o Director fundador da revista HGg&T, Guillermo Campos e Luis Buitrón representando a Asociación Galega de Enólogos (AGE),  membros “oficiais” dos paneis de Cata da revista.

Guillemo Campos aproveitaba a proximidade das datas de Nadal para animar a todos a beber viño con D.O. nestas festas, “A revista funcionou como nexo de unión co sector do viño e desenvolvemos un traballo de defensa dos viños galegos, por iso nestas datas, animamos á xente a beber viños galegos con Denominación de Orixe.”

Este mércores tamén se celebraba na sede do C.R.D.O.R.S. a renovación do convenio entre a D.O. Ribeira Sacra e a ABANCA. O novo convenio financeiro medra con novas opcións de crédito para atender as demandas dos viticultores asociados e do Consello Regulador. Os viticultores tamén poderán acceder a préstamos específicos con prazos de amortización amplos e xuros baixos. A oferta complétase con outros produtos como liñas de comercio exterior, financiamento a través de leasing, confirming, factoring, avais e anticipos de subvencións ou impostos.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.