O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará presente do 3 ao 7 de febreiro no 17º Salón Internacional de Turismo Gastronómico (XANTAR) que se celebra en Ourense, no recinto feiral Expourense.
A segunda motivación que elixen os turistas para visitar Galicia é a gastronomía. Isto supuxo a orixe de "Xantar", Salón Internacional de Turismo Gastronómico, unha feira que chega a súa decimoséptima edición e que congrega a milleiros de persoas, transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración.
En 12.000 metros cadrados cubertos, recréanse unha vintena de restaurantes con todo luxo de detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que elaboran os seus menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo.
Tanto para profesionais como para público xeral organízanse actividades como conferencias, presentacións, show cookings, exposicións de arte, talleres didácticos, cursos de cata e degustacións.
A principal actividade que se realizará para presentar os viños con D.O. Ribeira Sacra terá lugar o:
MÉRCORES 3 DE FEBREIRO
13:00 .-Showcooking produtos do Mar e do Medio Rural de Galicia. "Tempo de lamprea"
Impartido por: José Manuel Mallón (de Dantaño Restaurante ? Ames)
Acompañado con viño D.O. Ribeira Sacra
Lugar: Aula Medio Rural
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España