Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra asiste por primeira vez a Decanter

26/02/2020

A D.O. Ribeira Sacra estará representada en Decanter, xunto con outras denominacións vitivinícolas galegas, nunha área especifica de Galicia, “Wines from Galicia”, que conta co apoio do IGAPE e que ten como misión resaltar o potencial do sector vitivinícola galego e poñelo en valor nos mercados internacionais.

A cita será o día 29 de febreiro, no Landmark Hotel de Londres, a través do Decanter Spain and Portugal Fine Wine Encounter 2020, encontro vitivinícola de produtores de España e Portugal. Esta é a primeira vez que a D.O. Ribeira Sacra participa neste encontro e farao con 14 viños, pertencentes a 8 adegas:

  • Don Bernardino S.L.  (2 viños: 4ª Generación, Don Bernardino)
  • Grupo Peago S.L. (3 viños: Condado de Sequeiras)
  • Adega do Mollón S.L. (2 viños: Pombares “Lía”, Pombares “Gloria”)
  • Adega Ponte da Boga S.L. (P Ponte da Boga)
  • Marcos Fernández Ramón (Cruceiro)
  • Tolo do Xisto S.L. (3 viños: Tolo do Xisto, Ruxe Ruxe, Tolo do Xisto Os Conventos)
  • Bodegas Rectoral de Amandi SAU (Rectoral de Amandi)
  • Rodríguez López, Víctor Manuel (Val da Lenda)

Os viños da D.O. Ribeira Sacra tamén estarán presentes na presentación ‘Galicia Discovery Theatre’ a cargo da Master of Wine, Sarah Jane Evans. A cita, tamén en Landmark Hotel, neste caso ás 16.00, servirá para achegarse ás características vitivinícolas de cada D.O., as súas tendencias e métodos de elaboración do viño.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.