Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra congratúlase de que a Ribeira Sacra dea un paso máis para ser Patrimonio da Humanidade.

28/03/2020

A UNESCO comunicaba este venres á Xunta que a candidatura da Ribeira Sacra para ser Patrimonio da Humanidade é unha das 24 propostas admitidas para o seu estudo na 45º sesión do Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO, que se celebrará no vindeiro ano 2021. Así, a Ribeira Sacra será a proposta de España para ser incluída na Lista do Patrimonio Mundial da Humanidade.

O valor universal deste territorio apoiase en dous pilares básicos; o patrimonio cultural e arquitectónico co que conta, sendo a maior concentración de románico rural de Europa e a viticultura extrema ou de montaña que se leva a cabo nas ladeiras en socalcos, polo que Ribeira Sacra ten tamén recoñecemento internacional a través dos seus viños, xa que desde o sector primario, especialmente o vitícola, Ribeira Sacra preséntase como unha paisaxe viva, e exemplo da relación do home coa natureza.

O Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, amosaba a súa satisfacción porque Ribeira Sacra continúe con paso firme cara a súa declaración como Patrimonio da Humanidade, “O que se leva traballado no mantemento, conservación e divulgación deste territorio recibe recompensas e iso congratúlanos. Nun momento de crise global como o que estamos vivindo, que se recoñeza o valor universal da Ribeira Sacra danos, se cabe, máis motivación e empuxe. Son novas ilusionantes en momentos duros.”


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.