Imprimir y PDF

Final de Vendima

10/10/2017

O pasado 6 de Outubro finalizou oficialmente a vendima na D.O. Ribeira Sacra cun total de 5.515.694 quilos recollidos, na súa maioría da variedade Mencía, auténtica pedra angular na Ribeira Sacra.  

O pasado 19 de agosto comezaba puntualmente a vendima na Denominación de Orixe para aquelas adegas que polas características e localización dos seus viñedos facían que a uva cumprise os parámetros esixidos polo Consello Regulador.
O día 7 de setembro foi a data oficial recomendada polo Pleno do Consello Regulador para o inicio da vendima. En total foron 49 días de intensa actividade nos viñedos e adegas da denominación de orixe.  

"É unha vendima temperá. Pero non tan longa. É unha vendima que se foi realizando moito máis graduada do que era normal con respecto a outros anos. As maduracións na denominación son moi variadas e as adegas que compran uvas en distintos lugares van ampliando ese espazo de recollida de uva porque é a maneira de ter unha materia prima de maior calidade. Vanse adaptando á realidade da maduración e non facer unha vendima rápida en dúas semanas". José Manuel Rodríguez, Presidente do C.R.D.O.R.S.  

A calidade do froito recolleito e o seu estado sanitario foron moi bos, a pesar da complexidade dunha tempada na que os incidentes meteorolóxicos complicaron as perspectivas da colleita.   Durante os días que durou a vendima as condicións meteorolóxicas foron favorables; xa que o tempo foi seco e apenas houbo choivas, aspecto que propiciou que a uva entrase nas adegas nun estado fitosanitario bo.  

A cantidade de quilos por variedades é a seguinte:  


Variedades tintas:

  • Mencía: 4.656.820 kgs
  • Brancellao: 37.804 kgs
  • Merenzao: 49.136 kgs
  • Caiño: 17.359 kgs
  • Garnacha: 303.759 kgs
  • Mouratón: 5.008 kgs
  • Souson: 74.667 kgs
  • Tempranillo: 41.755 kgs

 
Variedades brancas:


  • Albariño: 58.812 kgs
  • Dona Branca: 4.360 kgs 
  • Godello: 234.574 kgs
  • Loureira: 838 kgs
  • Torrontés: 2.911 kgs
  • Treixadura: 27.861 kgs

   
Esta última colleita está na media de cantidade de quilogramos recollidos dos últimos 5 anos.    

COLLEITA 2012:  5.452.206 KGS.
COLLEITA 2013:  4.735.899 KGS.
COLLEITA 2014:  4.773.674 KGS.
COLLEITA 2015:  6.227.365 KGS.
COLLEITA 2016:  5.585.306 KGS.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.