Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra afronta a primeira fin de semana oficial de vendima con 1. 323. 239 quilos de uva recolleitos

18/09/2020

A D.O. Ribeira Sacra fixaba como data recomendada para o inicio oficial da vendima o 16 de setembro, aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de uva de determinadas variedades nalgunhas parcelas o pasado 28 de agosto, comezando os traballos de vendima na subzona Ribeiras do Sil.

A piques de afrontar a primeira fin de semana de vendima desde a data recomendada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe para o inicio dos traballos, levan recolleitos 1. 323. 239 quilos, que por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 873.802 quilos
  • Merenzao 40.027 quilos
  • Garnacha 25.119 quilos
  • Brancellao 17.887 quilos
  • Caíño tinto 16.042 quilos
  • Tempranillo 7.058 quilos
  • Sousón 6.704 quilos
  • Mouratón 789 quilos
  • Grao Negro 0 quilos
  Variedades brancas
  • Godello 265.873 kilos
  • Albariño 31.875 quilos
  • Treixadura  22.931 quilos
  • Dona Branca 5.016 quilos
  • Torrontés 3.060 quilos
  • Loureira 629 quilos
  • Blanco Lexítimo 427 quilos

Das 95 adegas que esperan vendimiar ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 21 xa terminaron, principalmente adegas pequenas, que decidiron apurar as tarefas ante a posibilidade de choiva dos próximos días. En todo caso espérase que esta fin de semana sexa de moita actividade nas viñas da D.O. Ribeira Sacra, cando 66 adegas están de vendima e 8 aínda non iniciaron os traballos. A uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo e os traballos séguense desenvolvendo con todas as medidas necesarias para a prevención da Covid-19.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.