Imprimir y PDF

Novas

Os viños da D.O. Ribeira Sacra en Fenavin

O Consello Regulador estará presente en FENAVIN (Feira Nacional do Viño) que se celebra en Ciudad Real do 12 ao 14 de maio no Pavillón Feiral.

A Denominación de Orixe recibe un importador de Xapón

O Consello Regulador da Denominación de Orixe recibe os días 8 e 9 de maio a Kyoko Sengoku, importadora da empresa xaponesa Sengoku Co. Ltd. que coñecerá diferentes viñedos e adegas de Ribeira Sacra.

Os viños de Ribeira Sacra conquistan as Comunidades de Murcia e Valencia

A campaña "Sabores de Galicia" visitou dende finais de abril Murcia, Elche, Alicante, Valencia e Vila-real. Cataluña será a seguinte Comunidade Autónoma á que se desprazará a unidade móbil.

XXI Cata dos Viños da Ribeira Sacra

Os días 21 e 22 de maio celebrase a XXIª edición da Cata dos Viños de Ribeira Sacra organizada polo Conselo Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Os viños de Ribeira Sacra foron presentados en 9 cidades andaluzas

No marco da campaña "Sabores de Galicia" que percorre toda España, varios centenares de andaluces puideron gozar das catas comentadas sobre os viños D.O Ribeira Sacra.

"Masters of Wine" visitan Ribeira Sacra

Membros do "The Institute of Masters of Wine", unha das institucións internacionais máis prestixiosas do mundo do viño con sede en Reino Unido, visitarán os días 15 e 16 de abril a D.O. Ribeira Sacra.

Ribeira Sacra no Salón de Gourmets en Madrid

O Consello Regulador estará presente no Salón de Gourmets (Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade) que ten lugar do 13 ao 16 de abril en Madrid, no recinto feiral de IFEMA.

Ribeira Sacra emprende a campaña "Sabores de Galicia"

Empeza a campaña itinerante "Sabores de Galicia" na que xunto á D.O.Ribeira Sacra participan a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Galega e a D.O. Arzúa-Ulloa que levará a percorrer 40 cidades españolas. A campaña arranca nas cidades de Córdoba, Sevilla e Huelva.

Rosa Mª González Lamas visita adegas e viñedos da denominación

A xornalista de Puerto Rico especializada en viños, viaxes e gastronomía visita adegas e viñedos da denominación de orixe. � editora da revista"Viajes & Vinos" e correspondente para América do ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior).

Viños premiados nas Feiras do Viño

Este fin de semana coñecéronse os viños premiados na Feira do Viño de Chantada que tivo lugar os pasados días 6, 7 e 8 de marzo; e tamén se coñeceron os viños premiados na Feira do Viño de Amandi que tivo lugar no día de onte.

Viños de Ribeira Sacra premiados en concursos

Os viños de Ribeira Sacra están de parabén e cada vez obteñen máis premios nos concursos aos que se presentan. Dúas adegas da denominación de orixe foron galardoados no concurso Bacchus e unha delas tamén no concurso Mono Vino.

Feira do Viño de Amandi (Sober)

Os próximos 28 e 29 de marzo celébrase a XXXV edición da Feira do Viño de Amandi no municipio de Sober (Lugo), nesta festa declarada de Interese Turístico de Galicia realízanse diversas actividades, incluída unha cata - concurso de viños.



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.